VI Certame de relatos breves FEIRACO

Gañadores Relatos Breves 2017

Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!

 

CATEGORÍA ADULTOS

1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos

2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos

3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos

 

CATEGORÍA XUVENIL

1º Premio. Candela Millán López. 9 puntos

2º Premio. Ana Rosa Cantalejo Marín. 8,5 puntos

3º Premio. Alba Suárez Fraga. 8,5 puntos

 

Promoción Entroido 2017

Feiraco sortea 500 vacamisetas

En Feiraco celebramos por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se personalizarán as caixas de leite Feiraco e se sortearán 500 Vacamisetas cun print exclusivo de vaca, dispoñibles en tres cores (verde, azul e vermello). Continue reading “Promoción Entroido 2017”

Promoción Entroido 2017

Feiraco disfrázase para celebrar o Entroido un ano máis más cos consumidores

• Celebra por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se sortearán centos de ‘Vacamisetas’ e vestiranse os seus packs de leite con este divertido estampado

• Para participar, os consumidores terán que adquirir unha caixa de calquera variedade de leite Feiraco e enviar unha fotografía do ticket de compra á App do sorteo aloxada na páxina de Facebook/FeiracoLacteos

• A promoción, que comezou o pasado día 6, finalizará o 28 de febreiro, martes de Entroido, e desenvolverase nos puntos de venda en Galicia e nas canles online  da marca

 

Por sexto ano consecutivo, Feiraco celebra cos consumidores unha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido. Con tal motivo, a marca galega activou unha divertida promoción que estará presente nas principais cadeas de distribución de Galicia con tres modelos de caixas de leite que lucirán un deseño especial como homenaxe ao característico estampado que locen as vacas.

Nesta ocasión, sortearanse centos de ‘Vacamisetas’ con este ‘print’ exclusivo, dispoñibles en tres cores (verde, azul e vermello) que os consumidores poderán conseguir só por comprar unha caixa de seis litros de calquera variedade de leite clásico de Feiraco e enviar unha fotografía do ticket de compra á App do sorteo, situada na páxina oficial de Facebook para entrar no sorteo.

Esta campaña 2017 terá unha duración de tres semanas e finalizará o 28 de febreiro, martes de Entroido, cando conclúa a recepción de participacións e se proceda ao sorteo dos premios.  A campaña completarase con materiais de imaxe decorados cos motivos do Entroido Feiraco nos puntos de venda e difundirase a través das redes sociais nas que a marca está presente, Facebook, Instagram, etc.

Feiraco, un ano máis, disfrázase polo Entroido identificándose coas tradicións galegas máis arraigadas e axudándoas a promocionar entre os seus consumidores como parte da súa filosofía, sustentada na galeguidade, cooperativismo, naturalidade, calidade e o respecto ao medio ambiente e á contorna.

 

Sorteo Feiraco temos un trato con Galicia

Feiraco sortea 100 lotes de produtos artesáns galegos

No marco da nosa campaña Temos un trato con Galicia; é un bo trato para ti, entre o 24 de otubro e  1 de xaneiro de 2017 sortearemos cada semana 10 lotes sorpresa por valor de 80 euros cada un. En total, 100 lotes de produtos. Hai dúas formas de participar. Escolla a túa!  Continue reading “Sorteo Feiraco temos un trato con Galicia”

Vacacións Feiraco 2016

Feiraco lévate de vacacións este verán. Sorteamos 2.000 euros cada semana para as túas vacacións!

Desde xa e ata o 17 de xullo busca os nosos agrupadores de leite Feiraco enteiro, semidestanado e desnatado coa gráfica da promoción. Ti podes ser unha das 10 persoas afortunadas que reciba 2.000 euros para as súas vacacións ?

Participar é moi doado
1º) Merca 2 caixas agrupadoras de leite Feiraco e recorta o código de barras identificativo da promoción que trae cada unha das caixas (non o dos cartóns de leite).

2º) Envía os 2 códigos de barras, xunto cos teus datos persoais completos (nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto) ao Apdo. de Correos 78. 15864 – Ames, poñendo no sobre Promoción Vacacións Feiraco.

Cantas máis cartas envíes, máis posibilidades tes de gañar!!

Sorteos
Celebraráse un sorteo semanal entre o 16 de maio e o 24 de xullo de 2016. Os gañadores publicaránse nesta páxina web e na nosa páxina de Facebook.

Sorteo número 1: Realizado ante notario 19/05/2016

ganador_1701x720_gal-01

Sorteo número 2: Realizado ante notario 26/05/2016

ganador_1701x720_gal-01-oral01-1

Sorteo número 3: Realizado ante notario 2/06/2016

stopper

Sorteo número 4: Realizado ante notario 9/06/2016

ganador_1701x720_gal

Sorteo número 5: Realizado ante notario 16/06/2016

Sorteo-5-Feiraco_ganador_1701x720_gal-01-1

Sorteo número 6: Realizado ante notario 23/06/2016

FEIR-sorteo-1701x720_gal

Sorteo número 7: Realizado ante notario 30/06/2016

Sorteo 07_ganador_1701x720_gal

Sorteo número 8: Realizado ante notario 07/07/2016

Sorteo 08_ganador_1701x720_gal

Sorteo número 9: Realizado ante notario 14/07/2016

Feiraco Vacaciones ganador 09

Sorteo número 10: Realizado ante notario 21/07/2016

Feiraco Vacaciones ganador 10

Bases legales de la promoción

Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Un ano máis, sumámonos a unha das festas máis importantes de Galicia personalizando os nosos envases de leite Feiraco. Nesta ocasión, inspirámonos en tres personaxes míticos que non faltan en ningún entroido: pirata, sheriff e superhéroe. Os nosos cartóns de leite enteiro, leite semidesnatado e leite desnatado toman os elementos típicos destes disfraces e vístense a toda cor para invitar aos galegos a gozar da celebración. Ademais da distribución desta edición especial dos briks, a campaña complétase con publicidade exterior e online, accións específicas nos puntos de venda e un concurso de receitas no noso perfil de facebook.
MUPI DESNATADA

Feliz día das Letras Galegas 2014

Un ano máis, sumámonos á celebración do Día das Letras Galegas, unha data que en Feiraco sentimos moi próxima aos nosos valores corporativos de compromiso e vinculación con Galicia. Por iso, poñemos en marcha unha campaña específica que inclúe orixinais para prensa e publicidade dixital, protagonizados por esta vaca tan literata que creamos para a ocasión. Con esta acción, queremos felicitarlles o 17 de maio a todos os galegos e galegas e contribuír a poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura. No marco da campaña organizamos tamén o noso III Concurso de Relatos Breves en facebook, en homenaxe a Xosé María Díaz Castro.

Goza do San Xoán con Feiraco!

O San Xoán, co seu inconfundible aroma a sardiñas e cachelos, é unha das festas con maior arraigamento e tradición en Galicia. Este ano, en Feiraco quixemos sumarnos á celebración cunha campaña que inclúe orixinais para prensa, camisetas e un concurso específico no noso perfil de facebook. Xunto co resto de simboloxía asociada a esta data, o costume máis estendido é celebrar a noite do 23 de xuño ao redor dunha cacharela. Así é como quixemos plasmalo na gráfica da campaña, para a que nos inspiramos en todo un referente da cultura galega: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o seu debuxo A roda de San Xoán, incluído no álbum Nós (1920).

Feiraco-San-Xoan-2014_camiseta

O Entroido sabe a Feiraco 2013

Por segundo año consecutivo, en Feiraco distribuimos una edición especial de nuestros briks de leche con motivo de la celebración del Carnaval. En esta ocasión, los cartones de leche entera, leche semidesnatada y leche desnatada se vistieron de “cigarróns” y “peliqueiros”. La acción se completó con una cuña de radio, acciones específicas en medios online, mupis y vallas de la campaña en las principales ciudades y el regalo de seis modelos de máscaras en distintos supermercados de Galicia. También organizamos un concurso de cocina en Facebook.

Mupi-leche-semidesnatada-Feiraco-Carnava-reducidal