Feiraco renova a súa imaxe corporativa

  • A cooperativa láctea galega presenta a súa nova identidade visual corporativa, cun diseño actual, no que se dinamizaron cada un dos elementos orixinais que a compoñen, realzando a súa presenza.
  • A nova imaxe de FEIRACO é o reflexo actual da cooperativa láctea líder, que á súa vez contén a esencia da súa razón de ser: galeguidade, naturalidade e cooperativismo.
  • A renovación da imaxe da marca máis consolidada do sector trasladarase a cada un dos soportes utilizados pola cooperativa, con especial presenza na súa liña de productos lácteos, a través do seu recoñecido envase.

Ponte Maceira, 19 de decembro de 2014. Feiraco Sociedade Cooperativa Galega renova a súa imaxe de marca mediante un novo deseño máis actual, no que se dinamizaron cada un dos seus elementos orixinais. A evolución da súa arquitectura gráfica é o reflexo do momento actual da cooperativa e dos seus valores principais de galeguidade, naturalidade e cooperativismo, conceptos presentes dende a súa orixe.

Unha das características máis destacadas na nova imaxe, é o protagonismo que se lle outorgou á cor verde corporativa, símbolo da cooperativa, que axuda a potenciar a presenza do texto que compón a palabra Feiraco e a súa diferenciada tipografía en triple barra. De igual maneira, a cor verde xoga un papel fundamental nesta nova imaxe, axudando a reforzar os piares sobre os que se sustenta a cooperativa, que representan un modelo activo co seu entorno e o sector ao que pertence, mendiante unha firme aposta pola innovación e o seu desenvolvemento sostible. En conexión con estas fortalezas, o eslogan ‘Alimentando un Xeito de Ser’ continúa presente como impulsor da mensaxe principal da cooperativa e a súa construción dunha identidade propia.

Por outra parte, cabe destacar o restyling que se aplicou sobre o símbolo do perfil de vaca, elemento que compañou á imaxe de Feiraco dende as súas orixes e que evolucionou cara unhas liñas máis suaves e redondeadas. Estos cambios aportan un maior dinamismo ao icono de Feiraco, que o fan máis próximo, en correspondencia á vontade da cooperativa de escoitar e interactuar co seu entorno.

Nuevos-envases-leche-Feiraco

Novo envase

A renovación da identidade visual de Feiraco trasládase a todos os seus soportes gráficos, con especial presenza na súa liña de produtos lácteos, a través do seu recoñecido envase de leite. O novo cartón de leite preséntase cun deseño estruturado, no que se lle outorga principal protagonismo ao símbolo da marca, o perfil da vaca que a identifica, recordando o seu histórico tetra brik dos anos setenta.

Feiraco e o Goberno, xuntos pola participación da muller en postos de dirección

Ponte Maceira, diciembre de 2014.- Consciente da importancia de contar cunha participación equilibrada de mulleres e homes en postos de dirección, Feiraco Sociedade Cooperativa Galega firmou, o pasado mes de novembro, un acordo de colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSI) para adoptar medidas que favorezan a presencia e a participación equilibrada de mulleres e homes no Comité de dirección.

Coa firma de dito convenio, de catro anos de duración, Feiraco comprometeuse a adoptar unha serie de medidas a favor da conciliación, co obxetivo de acadar unha igualdade efectiva entre homes e mulleres nos postos de alta responsabilidade.

En primeiro lugar, contará, sempre que sexa posible, cunha presenza equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e asegurará a participación equilibrada en procesos de promoción do persoal, sempre que a valoración profesional dos candidatos sexa similar. Tomará en consideración este principio de presencia equilibrada cando se produza unha vacante. Ademáis deberá deseñar plans orientados a promover o equilibrio na promoción profesional, fomentando a capacitación das mulleres, e establecerá medidas de organización e flexibilización do tempo de traballo para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, prestando especial atención a evitar que a maternidade sexa un impedimento para a promoción profesional.

Feiraco tamén se comprometeu co Ministerio de Igualdade a presentar, en dous anos, un informe analítico no que se plasmen logros e desequilibrios para establecer novas medidas que permitan acelerar o cumprimento do obxetivo fixado: establecer un equilibrio entre homes e mulleres nos postos directivos.

Talento repartido entre homes e mulleres

Pola súa parte, Igualdade comprometeuse a asesorar a Feiraco en materia de igualdade de oportunidades. E é que acadar unha maior presenza de mulleres en postos de dirección é unhas das tarefas máis importantes nas que se embarcou o departamento que dirixía Ana Mato, pois “para crecer, para ser mellores, hai que buscar, atraer, reter e premiar o talento, que está igualmente repartido entre homes e mulleres”, asegurou a ministra por entón, no acto de adhesión. “Máis mulleres en postos de responsabilidade significa mellores empresas, e en definitiva maiores oportunidades para todos”, apostillou.

Igualdade na Empresa

Feiraco aspira a renovar o distintivo “Igualdade na Empresa”, obtido en 2011 sendo a primeira empresa láctea de España en facerse con dito recoñecemento. Para valoralo, Igualdade terá en conta a firma deste convenio de colaboración.

O leite Feiraco elixida polos clientes de Carrefour como a mellor de Galicia

  • A división de lácteos da cooperativa recibe o Premio Carrefour á “Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia”, outorgado polos clientes da firma de distribución que visitaron a campaña ‘Da Terra e do Mar a Maior Calidade’, con presencia de 65 empresas galegas e 120 produtos locais.
  • O director xeral de Feiraco, José Luis Antuña, recolleu o premio de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
  • O “Premio á Empresa máis Innovadora” recae na compañía cárnica Torre de Núñez.

 

Ponte Maceira, 19 de Noviembre de 2014.- Feiraco Sociedade Cooperativa Galega recibiu este mediodía o Premio Carrefour á Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia. O grupo cooperativo faise con este recoñecemento grazas á votación dos clientes de Carrefour que visitaron a campaña ‘Dá Terra e do Mar a Maior Calidade’, desenvolta desde o 11 ao 28 de xullo, nos hipermercados galegos da cadea de distribución. A mostra contou coa presenza de 65 empresas galegas e 120 produtos locais.

A aposta pola calidade de Feiraco como valor estratéxico e inherente ao seu modelo de negocio converte á cooperativa en marca galega líder do sector. A segunda gran aposta de Feiraco dirixiuse sempre a preservar a seguridade alimentaria, primeiro nas súas fábricas a través das certificacións ISO, e máis recentemente en once das súas granxas, que alcanzaron a máxima distinción europea nesta materia. O terceiro eixo de Feiraco ocúpao a innovación, I+D implementado en todas e cada unha das fases da cadea de valor. En definitiva, produtos de calidade, seguros, innovadores, saudables e ao mellor prezo que ofrece Feiraco e nos que os clientes de Carrefour depositaron a súa confianza e premiaron a súa alta valía e diferenciación no mercado.

O director xeral de Feiraco e conselleiro delegado de Feiraco Lácteos, José Luís Antuña, encargado de recoller o premio, agradeceu na súa intervención o esforzo e dedicación de todos os que forman parte da cooperativa, traballadores, provedores e outros colaboradores; de maneira especial a cadeas de distribución como Carrefour e os seus clientes. “Son xa moitos os anos durante nos que Carrefour respalda a produción e a industria agroalimentaria galega, como manifestación do seu compromiso con Galicia”, apuntou.

Innovación: orixe e destino da sustentabilidade empresarial e social

Antuña Álvarez fixo fincapé no proceso innovador que levou a Feiraco a revisar todo o referente ao manexo e alimentación das vacas. “O resultado é Unicla, un leite con perfís grasos saudables e unha composición equilibrada, de excelente sabor, a leite de toda a vida, un excelente alimento para calquera idade”.

E finalmente tamén se referiu ao factor prezo. “A produción láctea require familias no rural, explotacións, vacas, leiras para plantar millo e forraxe, significa vida e poboación no campo galego, unha das maiores reservas mundiais para a produción láctea; e ordeñar todos os días do ano. Nós temos que ser eficientes e controlar os custos de materia prima, os investimentos, a industria, mellorar os procesos de traballo, defender as marxes. Os consumidores deben entender que detrás dun litro de leite hai todo isto, e que o leite debe desaparecer como produto reclamo a prezos por baixo do seu custo industrial, vai niso moito máis que aforrarse uns céntimos, está en xogo o coidado da natureza, o medio ambiente, a pluralidade de aldeas e pobos de Galicia, a substitución xeracional, etc.

Sempre foron os mellores socios da nosa cooperativa, os nosos produtos tiveron acollida nas súas tendas e procuramos responder coa máxima calidade e transparencia comercial, unha relación frutífera que se ve reforzada con esta distinción”, concluíu José Luís Antuña.

Carrefour en Galicia

O modelo comercial de Carrefour integra aos produtos locais e rexionais na súa variedade habitual, para garantir así a liberdade de elección dos seus clientes. A compañía mantivo o pasado exercicio relación comercial con 543 empresas galegas; ofrecendo deste xeito, xunto ás marcas de fabricantes nacionais, os produtos das empresas da rexión, ademais dunha ampla selección de marcas propias.

Carrefour recoñece, con estes premios, o labor das pemes locais que destacan pola súa calidade e imaxe nos seus mercados. Así mesmo, estas campañas responden o compromiso da empresa de distribución de integrarse nas contornas socio-económicos das localidades onde se sitúa e apoiar ás economías rexionais.

Master Class de Feiraco e Banco Santander para dar a coñecer vantaxes financieiras a PEMES agroalimentarias galegas

  • Socios da cooperativa e produtores lácteos clientes da entidade bancaria participaron nesta xornada informativa na que tamén se abordou a situación actual e expectativas de futuro do sector lácteo.
  • Esta acción enmárcase no convenio de colaboración entre Feiraco e Banco Santander que contempla beneficios financeiros e solucións non financeiras a socios e traballadores da cooperativa.

 

Ponte Maceira, 12 de Noviembre de 2014.- Socios de Feiraco Sociedade Cooperativa Galega e produtores lácteos clientes do Banco Santander do mundo agrogandeiro de Galicia participaron onte na masterclass para coñecer de primeira man as vantaxes financeiras que a entidade bancaria pon a disposición das pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario galego a través do seu Programa Advance.

Durante a xornada, o director xeral de Feiraco, José Luís Antuña, centrou a súa intervención na situación actual da cooperativa e o futuro do sector lácteo. Seguidamente, a responsable nacional do sector agroalimentario de Banco Santander, Nuria Moreno, foi a encargada de explicar os produtos financeiros, solucións non financeiras e as condicións específicas vantaxosas que o Banco pon a disposición do sector agrogandeiro.

Programa Advance

Esta acción forma parte da serie de presentacións que Banco Santander está a facer do seu Programa Advance, pensado para ofrecer flexibilidade para que as expectativas de negocio se fagan realidade, e enmárcase na colaboración formalizada con Feiraco para ofrecer ao colectivo de asociados da cooperativa un conxunto de produtos e servizos bancarios de interese, adecuados ás súas necesidades financeiras.

Entre as condicións establecidas para Feiraco atópase a Conta Investimento Agro, pensada para remunerar os excedentes de tesouraría, obtendo a máxima dispoñibilidade e rendibilidade. Outro servizo é o financiamento de cooperativas a través de Crédito Campaña para facer fronte ás necesidades da Campaña Agraria e de préstamos para investimentos en activos que supoñan melloras en explotación ou adquisición de maquinaria ou para melloras ou transformacións que requiran maiores prazos de amortización. Ademais de fórmulas de financiamento ou anticipo de importacións e cofirming para facilitar pagos a provedores e socios sen necesidade de recorrer a créditos de campaña.

Acordo de colaboración

A través deste acordo de colaboración, os socios e empregados de Feiraco gozarán, entre outras vantaxes, de aforros exclusivos do plan “Queremos ser o teu Banco” e financiamento para os cobros procedentes das axudas da Unión Europea; para facer fronte ás necesidades de liquidez durante as distintas fases da Campaña Agraria e para investimentos en activos que supoñan melloras da explotación e adecuación das mesmas.

Os socios disporán tamén de financiamento exclusivo para adquirir terras, transformar ou mellorar as súas leiras ou para o pago de primas por Agroseguros. Ademais poderán beneficiarse do financiamento de subministracións dado que o Banco Santander ten asinado diferentes acordos con provedores para dar o mellor servizo ao sector agrario.

Feiraco participa no primeiro encontro anual do Grupo de Representación Empresarial Galego de RSE

Feiraco forma parte, xunto con outras 13 empresas, do Grupo de Representación Empresarial Galego de Responsabilidade Social Empresarial, nacido co compromiso de materializar un concepto propio e diferente de RSE. O Grupo celebrou o pasado 30 de maio o seu primeiro encontro anual de 2014. A xornada de traballo estivo centrada na integración dos valores asociados á RSE na cadea de valor. Ademais, tamén se abordaron ideas sobre que contidos temáticos deben estar presentes no futuro Plan Estratéxico Galego de Responsabiliade Social.

Consulta máis información sobre este encontro.

Vive a aventura do entroido da man de Feiraco

  • Baixo este lema a cooperativa galega arranca a súa campaña especial Carnaval, unha festividade que terá os seus días grandes dos vindeiros 1 ao 4 de marzo.
  • Durante os festexos, os cartóns de leite Feiraco vestiranse de diferentes personaxes  de clásicas aventuras, desde piratas, sheriffs ou superheroes. A cooperativa anima a todos os consumidores a sumarse a esta aventura do Entroido coa invitación “maiores e pequeniños, todos disfrazadiños”. 
  • A campaña inclúe máis de dous millóns de envases desta edición especial a disposición dos clientes nos puntos de venda e unha promoción especial en publicidade exterior (mupis e valados), medios dixitais de gran difusión, web propia  (www.feiraco.es) e redes sociais da cooperativa, con moitas sorpresas.

Ponte Maceira, 10 de febreiro de 2014. – Con motivo da celebración dunha das festas máis importantes e conmemoradas de Galicia, o Entroido, a cooperativa Feiraco levará a cabo, por terceiro ano consecutivo, unha nova campaña especial que consistirá en diversas accións encamiñadas a animar durante estas datas a todos os galegos a vivir a festividade dun xeito especial. A cooperativa confíalle unha vez máis a creatividade á marca Rei Zentolo, que mantén a súa liña de deseño alternativo, orixinal e divertido, inspirado en motivos populares facilmente recoñecibles.

Co lema “Vive a aventura do Entroido”, a Feiraco aposta nesta ocasión por recrear o escenario das clásicas aventuras cos que todos nos podemos sentir identificados. Converterse nun pirata, nun sheriff ou nun superheroe é posible grazas á iniciativa de Feiraco, que anima a “maiores e pequeniños, todos disfrazadiños” a adentrarse neste mundo de conto e ensoño.

O Entroido de Feiraco viste Galicia de festa

Máis de dous millóns de envases compoñen esta edición especial Entroido e vestirán os liñais de venda, a disposición de todos os consumidores, desde agora ata o vindeiro 9 de marzo. As principais cidades e vilas galegas lucirán ademais orgullosas os ‘disfraces’ de Feiraco con mupis e valados publicitarios de gran dimensión. E tamén haberá lugar para a difusión on-line da campaña a través dos medios líderes en Galicia, da web corporativa de Feiraco (www.feiraco.es) e das redes sociais.

O libro “Jesús García Calvo. Feiraco, un modelo cooperativo para o desenvolvemento rural galego”, homenaxe póstuma ao fundador e alma de feiraco durante máis de 40 anos

  • O acto de presentación da obra, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reuníu a preto de 200 persoas, entre representantes da familia de García Calvo, da Cooperativa e da Universidade nunha emotiva cerimonia con ambientación musical a cargo do grupo de cámara Minueto e do guitarrista nicrariense Xosé Guzmán.
  • O volume recolle o pensamento e obra deste líder cooperativista e ilustre intelectual galego a través de múltiples artigos publicados durante máis de catro décadas á fronte de Feiraco. Inclúe tamén colaboracións de distintas personalidades e profesores universitarios, con fortes vencellos persoais e profesionais a García Calvo e ligados ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento Económico de Galicia (IDEGA) e ao Consello Social da Universidade, que o homenaxeado presidíu durante 8 anos.
  • O acto, ao que acudíu o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, tivo lugar hoxe no Paraninfo da Universidade.

Ponte Maceira, 04 de outubro de 2013.- “Jesús García Calvo. Feiraco, un modelo cooperativo para o desenvolvemento rural galego” é o título da obra que hoxe se presentou no Paraninfo da USC e que supón o recoñecemento post mortem ao presidente de honra e fundador da Cooperativa, xerme do cooperativismo agrario de Galicia e referente actual do sector leiteiro nacional.

Sobranceiras figuras do eido universitario e intelectual, directivos e traballadores de Feiraco e familia quixeron rendir tributo a este ilustre pensador galego nun sentido acto, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao que tamén asistíu o reitor da Universidade, Juan Casares Long, e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; e ambientado pola música do grupo de cámara Minueto e do guitarrista nicrariense, moi próximo ao homenaxeado, Xosé Guzmán.

Escribindo as claves do desenvolvemento cooperativo

O libro recolle, en preto de 400 páxinas, o pensamento de García Calvo sobre a concepción e medidas necesarias para o desenvolvemento pleno do medio rural galego baseado nun modelo cooperativo. O asociacionismo agrario entendido de maneira profesionalizada, rendible, competitiva e innovadora, debidamente integrado nunha estrutura de Economía Social. O volume inclúe porén múltiples reflexións deste ilustre intelectual tanto de corte técnico, documental como, e sobre todo, humano, elaboradas durante máis de 40 anos á fronte de Feiraco e agora impresas nesta obra. Unha ampla escolma sobre a economía agrogandeira galega, que agora honra a memoria do fundador de Feiraco, e que se complementa con artigos doutras destacadas figuras do mundo académico ligadas ao Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento Económico de Galicia (IDEGA) e ao Consello Social da USC, que o homenaxeado presidíu durante 8 anos, e con fortes vencellos desde o punto de vista persoal e profesional con Jesús García Calvo.

Afecto, respecto e admiración dos seus sucesores

O presidente da Cooperativa, José Montes, lembrou que a relación que mantivo con Jesús García Calvo remóntase aos comezos de Feiraco, cando xermolou un proxecto cooperativo de longo alcance ligado a Cáritas Interparroquial de Negreira. “O liderado”, destaca Montes,  “estivo sempre nas mans de D. Jesús, que acabou sendo unha institución comarcal, punto de referencia e cerebro dun verdadeiro movemento de masas cunha resposta encomiable a pesar dos escasos medios dos que dispoñía”. E que foi aí cando naceu o “meu afervoamento por un home insigne, cunha capacidade cum laude” no plano persoal e profesional. Ser o seu sucesor e ter a responsabilidade de continuar “un proxecto que segue mirando ao desenvolvemento rural e ao benestar da súa xente” cólmao agora de satisfacción.

O director xeral de Feiraco, José Luis Antuña, referíuse con admiración á figura de García Calvo ao lembrar que “telo coñecido e traballado con el foi unha honra e un estímulo. Falar con el era recibir unha lección continua. Cando finou, no 2011, foise unha vida que trascendeu a súa propia porque deixaba unha triple herdanza: a da familia, a da cooperativa que construíu e gobernou democraticamente durante 4 décadas e a dun intelectual que entendeu con paixón o tempo que lle tocou vivir”. Escribíu amplamente con gran sentido crítico e base técnica sobre a evolución histórica de Feiraco, as coxunturas e o seu contexto, “desde o entusiasmo fundacional, a entrada na Comunidade Económica Europea ou a severa crise que atravesou a Cooperativa no 2005 (cando me incorporei) e que obrigou a un cambio estratéxico que el titelou con acerto e compromiso”, rememorou Antuña.

jesus-garcia-calvo-interior

Compromiso vital co agro galego

De amplísima formación académica e profesional en ciencias sociais e humanísticas, Jesús García Calvo (1921-2011),  foi licenciado en dereito e rexistrador da propiedade. Foi presidente do Consello Social da USC e de UTECO Coruña, pertenceu ao Consello de Administración de FINSA e da Caixa Rural Provincial da Coruña. Autor de numerosos artigos e conferencias sobre economía social, cooperativismo e desenvolvemento rural, foi tamén experto en políticas agrarias da Unión Europea e a súa opinión ten sido referente intelectual independente e crítico.

O seu fondo compromiso coa mellora da economía rural en Galicia levouno a dedicar boa parte da súa vida, de maneira altruista, a liderar a reconversión do agro galego, cambiando o seu individualismo e baixa produtividade por un modelo de cooperación eficaz. Case con 50 anos, Feiraco mantén viva a súa identidade cooperativa e lidera o sector leiteiro en Galicia, facendo oír a súa voz, presidindo e participando nas primeiras institucións, entidades e foros que en Galicia e España definen o modelo presente e futuro da economía social e do sector.

Recoñecementos

Entre outras distincións, Jesús García Calvo recibíu as seguintes: Premio Agrario de Galicia 2005, Medalla de Ouro da USC, Medalla de Ouro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Comendador da Orde do Mérito Civil Agrícola, Insignia de ouro e brillantes como socio fundador de Feiraco.

Como presidente de Feiraco, recolleu, no seu nome, numerosas distincións, entre elas: Medalla de Galicia, Premio Agrario de Galicia á traxectoria empresarial, Premio Euroforo Empresarial á empresa galega con maior proxección exterior, Premio Carrefour ao produto preferido polos consumidores ou Premio Consumer ao leite de mellor relación calidade-prezo.

De onde vén o leite?, o conto de Feiraco para os máis pequenos da casa

  • O libro, na súa dobre versión para nenos de 3 a 7 e de 7 a 10 anos, será presentado e representando na granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos polos seus autores Enrique Mauricio e Carlos Taboada aos alumnos de diferentes colexios da Coruña durante os meses de setembro e outubro.
  • De onde vén o leite? achega a través dos ollos dos seus protagonistas as claves para entender a historia do leite en Galicia e detalles sobre o manexo, alimentación das nosas vacas, o método e a filosofía de Feiraco, baseados no lema Alimentando un xeito de ser.
  • A primeira sesión de contacontos será o martes, 17 de setembro, ás 11:00 horas, dirixida aos alumnos do CPI da Picota, do Concello de Mazaricos.

Ponte Maceira, 16 de setembro de 2013.- De onde vén o leite? dálle vida literaria aos pequenos Roi e Belén que descobren, gracias á súa familia, amigos e profesores, os segredos do mundo leiteiro en Galicia; desde a importancia dos pastos, pasando polo manexo e o ordeño dos animais, o tratamento e envasado en fábrica ata os briks de leite Feiraco que chegan cada día a milleiros de fogares de toda a Comunidade e fóra dela. “Sinxelos, entretidos e sentidos contos pensados tanto para nenos de 3 a 7 anos como de 7 a 10 é a nova fórmula que poñemos en marcha desde a Cooperativa para achegarnos aos máis pequenos da casa dun xeito ameno, participativo e educativo”, explica a responsable de marqueting de Feiraco, Mónica Casas.

O leite: unha aventura para ler, beber e vivir

Máis de 1.000 nenos de entre 3 e 10 anos de diferentes colexios da provincia da Coruña terán a oportunidade de asistir en directo, durante os meses de setembro e outubro, á representación desta obra da man dos seus propios creadores. Os autores da coñecida colección infantil de Xerais “Polo Correo do Vento”, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, escenificarán a pé de campo, na granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos, as aventuras dos protagonistas de De onde vén o leite?.

Roi, Belén, Antía, Mari, Kaizen ou Ramón, entre outros moitos personaxes, comenta Mónica Casas “entrarán a formar parte das vidas dos nosos pequenos trasladándolles as tarefas cotiás dunha explotación gandeira produtora de leite, así como as rutinas, costumes e valores propios do rural galego; ademais de achegarlles o método de Feiraco, calidade de principio a fin e a súa filosofía empresarial que se resume no lema ‘Alimentando un xeito de ser’”.

Preto da nosa orixe

“Seguindo a estela profesional de Enrique e Carlos, os autores das dúas adaptacións do libro, De onde vén o leite? concíbese para iniciar os escolares, desde idades moi temperás, no coñecemento do noso contorno natural e doutros temas ligados ás tradicións do noso país”, apunta a responsable de marqueting da Cooperativa. A historia do pequeno Roi que acompaña a súa tía veterinaria, Antía, no seu traballo rutinario a unha explotación gandeira ou a de Belén e Anxo que van de excursión a unha granxa de leite, convértense nas historias de calquera cativo galego que, non tendo contacto directo co medio rural, ten a oportunidade de entender, sentir e vivir desde dentro un agro moderno, competitivo e  rendible que sabe adecuarse aos tempos actuais e que Feiraco retrata con mestría nestes contos.

Os traballadores de Feiraco solidarios no Nadal

  • A Cooperativa súmase a esta iniciativa que se enmarca dentro dunha acción social que foi posible grazas ao esforzo e a solidariedade do persoal de Feiraco.
  • Repartindo máis de 1.500 produtos  alimenticios entre as familias máis necesitadas dos concellos da súa bisbarra.

Feiraco e os seus traballadores queren celebrar o Nadal dunha forma especial, cos veciños e amigos que están a atravesar un momento complicado pola grave crise económica que estamos a vivir. O venres 21 de decembro entregarán o seu particular regalo ás familias da súa contorna que están a pasar por unha difícil situación, unha caixa con todo o necesario para a celebrar estas festas tan sinaladas.

A iniciativa naceu no seo do Comité de Empresa de Feiraco, que quixo levar a cabo unha acción social para que as persoas do seu ámbito puidesen ter e compartir cos seus seres queridos algo tan básico como é unha comida digna de Nadal. Con esa finalidade pedíuselle aos compañeiros “un pequeno esforzo” para que colaborasen achegando 10 euros cada un. A Cooperativa pola súa banda comprometeuse a igualar a cantidade recadada entre todos os traballadores da empresa. Durante a semana fóronse sucedendo as doazóns coas que sufragar os máis de 1.500 produtos alimenticios que se repartirán entre aqueles que máis o necesitan, dentro os concellos próximos a Feiraco.

Esta actividade solidaria pon de manifesto o compromiso do equipo de Feiraco e da empresa cos máis desfavorecidos e pretende marcar unha nova liña de axuda social que se repetirá anualmente coincidindo coas datas do Nadal.
A acción voluntaria simboliza a adhesión de todos os traballadores da Cooperativa aos valores que dende sempre promoveu Feiraco, como o fomento da solidariedade en e dende a empresa e cara á sociedade en xeral, e supón o mellor recoñecemento ás súas políticas de Responsabilidade Social.
Estandarte da economía socialmente responsable
A estratexia de Feiraco aséntase en tres piares fundamentais: a Calidade, a Innovación e a Responsabilidade Social Corporativa, como garantes fundamentais da Sostibilidade.

Feiraco é unha compañía socialmente responsable, comprometida cos seus traballadores, cos seus socios, con Galicia e co seu ámbito en todos os sentidos e cos colectivos máis desfavorecidos.

Mostra deste compromiso é a recente solicitude da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia para que Feiraco se incorporase ao “Grupo de Representación Empresarial Galego”, para o desenvolvemento de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), constituído para impulsar un novo modelo de negocio máis ético, transparente e sensibilizado co ámbito. Feiraco contribúe a este labor xunto a outras 12 grandes empresas autonómicas, encargándose de tutelar ás PEME galegas para axudalas a avanzar neste campo.

Esta elección, de entre todas as grandes empresas galegas, supón un claro recoñecemento institucional a todos os esforzos realizados por Feiraco neste campo, como principio fundacional que inspirou dende sempre a súa traxectoria empresarial como entidade de economía social, operando sempre sobre a base de que toda organización debe devolver ao ámbito, tanto social coma natural, parte do que este lle achega.

Feiraco inaugura en Mazaricos a súa primeira tenda agraria

  • Baixo a marca “Merca Rural”, o establecemento responde a un novo concepto de agrotenda que dea un servizo integral e de proximidade ás explotacións eficientes de hoxe en día.
  • Trátase dunha iniciativa conxunta dun cento de cooperativas agrarias da cornisa cantábrica agrupadas en Delagro, coa colaboración de AGACA.
  • Destacan as máis de 10.000 referencias e a ampla variedade de produtos que ofrece, desde alimentación, drogaría, xardinería, roupa e calzado de traballo, sementes de horta, material de hixiene de ordeño ou produtos fito e zoosanitarios.
  • Con cobertura para os municipios veciños como Vimianzo, Outes,  Muros ou Muxía, a ésta sucederanlle novas tendas  que a Cooperativa abrirá en zonas de alta concentración de socios, nos concellos coruñeses de Ordes, Santa Comba e Ames.

Mazaricos-A Coruña, 10 de xuño de 2011.- Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega, vén de inaugurar no concello de Mazaricos (lugar de A Picota) a primeira tenda agraria Merca Rural de Galicia. Trátase da primeira dunha serie de establecementos que a Cooperativa abrirá en zonas de elevada concentración de socios e notable actividade gandeira, coa finalidade de achegar os servizos e responder ás novas necesidades das explotacións eficientes, modernas e comprometidas co seu contorno natural polas que aposta Feiraco. Este modelo de tenda será pionero para o futuro desarrollo de tendaqs agrarias que otras cooperativas podan realizar no futuro

Presidida pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, e asistencia de numerosos concelleiros e alcaldes da comarca, a inauguración da tenda contou tamén coa asistencia do presidente de Feiraco, José Antonio Casáis, e do director xeral, José Luis Antuña; membros do Consello Reitor, directivos, ademais dun nutrido número de socios da Cooperativa, doutras agrupacións e numerosos representantes do sector agrogandeiro galego que non quixeron faltar á cita.

Aposta pola modernización e profesionalización do agro e compromiso co medio

Cun investimento total de 220.000 euros, unha superficie de 1.200 metros cadrados (800 dos cales se destinarán a sala de ventas), e 8 empregos directos, a nova agrotenda obedece á remodelación integral da nave que xa tiña Feiraco na Picota, dedicada ata agora a supermercado-economato e a almacén de subministros agrarios.

Unha reforma en amplitude pensada para dar servizo aos concellos da comarca de Mazaricos, como Vimianzo, Outes, Carnota, Muros, Dumbría, Muxía ou Zas, entre outros. Unha cobertura que se prevé estender proximamente a outros municipios da provincia da Coruña nos que se concentra un elevado número de explotacións de Feiraco, como Ordes, Santa Comba ou Ames.

A diversidade de produtos e servizos que ofrece é unha das principais características do novo establecemento de Feiraco. Ademais dun surtidor de gasóleo, entre a gama de artículos, máis de 10.000 referencias, destacan os produtos alimentarios, de drogaría, xardinería, roupa e calzado de traballo, ferramentas, sementes de horta, material de hixiene de ordeño e produtos fito e zoosanitarios, etc.

Unha fórmula de  negocio para o fortalecemento do rural en Galicia e un modelo de desenvolvemento agrario integral baseado na modernización e profesionalización de axentes e procesos, polo que a Cooperativa leva apostando desde hai tempo.

Feiraco apóiase en Delagro e AGACA para o desenvolvemento das novas tendas

O proxecto de tendas Merca Rural é unha iniciativa conxunta das cooperativas integradas en Delagro, un proxecto de servizos comuns no que se agrupan preto de 100 cooperativas da cornisa cantábrica española e que ten como finalidade a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ao mellor aproveitamento das explotacións e actividades dos seus socios e á mellora da poboación agraria e do desenvolvemento do medio rural, así como atender calquera outro fin ou servizo que sexa propio da actividade agrícola, gandeira ou forestal ou estea relacionado directamente coas mesmas.

Entre elas destaca distribuír e comercializar, mesmo directamente ao consumidor, os produtos procedentes das explotacións dos socios ou das cooperativas, así como a xestión e intermediación, na adquisición e comercialización de animais, alimentos, materias primas, fitosanitarios, medicamentos, instrumentos, maquinaria, abonos, plantas sementes, pensos compostos, así como a súa elaboración, e demais elementos para a produción e fomento agrario, así como instalacións relacionadas coa agricultura, a gandaría e os bosques.

Delagro e AGACA colaboraron con Feiraco non nacemento deste novo concepto de tenda agraria.

Merca Rural, froito do programa Nexus Rede, ao amparo da iniciativa comunitaria EQUAL, que estuda  novas estratexias cooperativas

A franquía de tendas cooperativas Merca Rural naceu en 2007 como consecuencia dun estudo realizado sobre os retos e desafíos das cooperativas. Analizáronse as necesidades de abastecemento das explotacións agrarias galegas e o modelo de tendas agrarias para prestarlles os servizos máis adecuados, así como o mercado potencial en canto a socios e clientes. Do desenvolvemento do proxecto piloto e a correspondente franquía “Merca Rural” responsabilízase a agrupación de cooperativas Delagro, que reúne a un cento de cooperativas agrarias da cornisa cantábrica española.

A innovación como método tanto nos produtos coma nos servizos

A innovación é para Feiraco un dos seus obxectivos estratéxicos. Unha máxima que se traduce en todos e cada un dos procedementos, sistemas, técnicas e políticas que pon en marcha, tanto a nivel individual como colectivo. A apertura da primeira tenda agraria de Galicia é unha mostra máis da súa decidida aposta pola innovación e pola sostibilidade, valores que favorecen o pleno desenvolvemento do sector agrogandeiro galego.

Unha liña continuista no traballo de Feiraco que ten outros claros exponentes en produtos como o leite UNICLA, un proxecto innovador que contempla a alimentación animal con sementes de liño como factor determinante para a produción de leite saudable. Para isto reprodúcese o sistema tradicional de alimentación do gando, alongando o perfil de nutrintes da herba verde da primavera ao longo de todo o ano. Esta alimentación aporta maior benestar animal e, en consecuencia, as vacas producen leite con nutrintes máis adecuados ás necesidades humanas.

Iniciativas ambas que se engloban dentro do programa Hesíodo de Feiraco, encamiñado a optimizar de forma natural o perfil nutritivo das producións agropecuarias, engadir valor á participación dos gandeiros no proceso produtivo e, con iso, contribuír á humanización e dignificación das tarefas propias desta actividade.

É por tanto este compromiso co I+D+i o que permitiu a Feiraco obter, no ano 2009, o I Premio Europeo á Innovación Cooperativa na categoría de procesos alimentarios. Unha distinción que premia o nivel de innovación e o potencial de transferibilidade dun proxecto que serve de modelo á hora de incrementar a competitividade das cooperativas europeas. Ademais de recoñecer o desenvolvemento e a mellora dos procesos de produción alimentarios ambientalmente sustentables, así como o desenvolvemento de produtos que, achegando valor engadido á produción primaria, contribúen á alimentación e o benestar animal e humano. E a finais do pasado ano 2010, o Premio á Responsabilidade Social recoñecendo as súas investigacións sobre leite cada vez máis saudable e a súa estratexia fundacional baseada en tres alicerces fundamentais: calidade, innovación e responsabilidade social, buscando a consecución dun maior beneficio para os seus socios e o liderado no mercado.