Feiraco recoñece a investigación en desenvolvemento rural e cooperativismo co Premio Jesús García Calvo

  • Un galardón co que se pretende homenaxear ao presidente de honra e fundador da Cooperativa, comprometido coa mellora da economía rural en Galicia e a reconversión do agro galego.
     
  • Na modalidade de “Textos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas”, a gañadora foi Araceli Freire Cedeira coa tese doutoral “Conflitividade social no medio rural galego (1939-1975): o caso dos montes veciñais en man común”
     
  • Francisca Gago Guillán alzouse co premio na modalidade “Traballos Fin de Máster e Fin de Grao” con “Os modelos de aplicación do programa Leader 2007-2013 no Estado español”.

 

Ponte Maceira, 16 de decembro de 2014.- A Fundación Feiraco convocou, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela, o Premio Jesús García Calvo de Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo para premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia co fin último de mellorar a actividade económica e a calidade de vida da poboación rural.

O gañador desta primeira edición na modalidade de “Textos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas” foi Araceli Freire Cedeira. Na modalidade de “Traballos Fin de Máster e Fin de Grao”, a agraciada foi Francisca Gago Guillán.

Ao acto de entrega, que tivo lugar hoxe, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e que estivo presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, acudiron o presidente da Fundación Feiraco, José Montes; a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia (CES), Corina Porro; o director do Idega, Xaquín Fernández Leiceaga; e o profesor da USC, Juan Carmona, que comezou a cerimonia coa lectura da conferencia “Emprendimiento en Galicia. Unha reflexión a partir das figuras de Jesús García Calvo e Valentín Paz Andrade”.

Traballos premiados

Baixo o título “Conflitividade social no medio rural galego (1939-1975): o caso dos montes veciñais en man común”, Araceli Freire Cedeira centrou a súa investigación nos montes veciñais como obxecto de estudo para esclarecer a historia recente da sociedade rural galega. A tese fai unha exhaustiva revisión da evolución da lexislación forestal durante o franquismo, do dereito consuetudinario sobre o monte reivindicado polos veciños, da súa loita pola recuperación dese dereito, os conflitos ocasionados e a súa resolución coa devolución efectiva final das propiedades comunitarias.

O traballo de fin de máster de Francisca Gago Guillán, “Os modelos de aplicación do programa Leader 2007-2013 no Estado español”, analiza por primeira vez, de maneira cuantitativa, os modelos de aplicación do programa Leader nas diferentes Comunidades Autónomas españolas para o período de estudo do traballo.

Premio Jesús García Calvo

A Fundación Feiraco decidiu convocar por primeiro ano o Premio Jesús García Calvo como homenaxe ao presidente de honra e fundador da Cooperativa, comprometido coa mellora da economía rural en Galicia e a reconversión do agro galego, cambiando o seu individualismo e baixa produtividade por un modelo de cooperación eficaz.

Feiraco quere manter viva a súa identidade cooperativa, facendo oir a súa voz premiando todas aquelas iniciativas que defendan, como o fixo o seu fundador, o modelo presente e futuro da economía social e do sector.

Día das Letras Galegas 2013

En 2013 unímonos á celebración do Día das Letras Galegas, en conmemoración de Roberto Vidal Bolaño, cunha campaña específica para a que se realizou un orixinal para prensa, publicidade dixital e cartelería. A acción completouse coa distribución dun marca páxinas especial en forma de rabo de vaca. Ademais, organizamos a II edición do Concurso de Relatos Breves de Feiraco en Facebook, ao que se presentaron máis de 130 relatos orixinais e en galego.

Feiraco-letras-galegas-facebook-promo

Neste Entroido todas as vacas queren ser Feiraco

Con motivo dos festexos do Entroido, os cartóns de leite Feiraco vestíronse de “choqueiros” a través da distribución dunha edición especial dos envases de leite enteiro, leite semidesnatado e leite desnatado. Ademais, regaláronse tres modelos de máscaras distintos nos supermercados de Galicia, as cidades decoráronse con mupis da campaña e realizouse unha campaña específica en medios online. Para completar a acción, organizamos un concurso de receitas de cociña de entroido en Facebook.

MUPI-leche-semidesnatada-Feiraco-Carnaval-2012-reducida

Feiraco alimenta un xeito de ser

http://youtube.com/IJavUn1tPQI

En Feiraco quixemos agradecer aos nosos consumidores a confianza que depositan nos nosos produtos a través dunha campaña en radio, televisión, publicidade exterior e redes sociais. Baixo o slogan “Feiraco alimenta un xeito de ser”, o eixe creativo busca reforzar e consolidar os nosos valores de marca, como a cooperación, a xenerosidade, o respecto ao medio e o compromiso con Galicia.

Nadal 2012

http://youtu.be/OtZCYVzEeJo

En 2012 felicitamos as festas do Nadal cun emotivo anuncio, resultado dun traballo artesanal de reciclaxe creativa. Os briks de leite Feiraco reinventáronse para dar vida a unha aldea galega, na que non faltan elementos tan característicos como a igrexa ou o hórreo. O anuncio, que apela a valores como a tradición, a orixe galega e o arraigamento familiar, emitiuse na TVG, en pre-roll na televisión R e nas canles sociais de Feiraco en Facebook e YouTube.