INNOVACIÓN, O MOTOR DE FEIRACO

En Feiraco melloramos día a día buscando a calidade e a eficiencia, coa máxima garantía en todas as fases e procesos da cadea de valor. Por iso a innovación é un dos alicerces do noso crecemento, cun obxectivo fundamental: optimizar o perfil dos nutrientes do noso leite de forma natural, mediante a alimentación das nosas vacas, para poder ofrecerche produtos máis seguros, saudables e sabedeiros.

Para conseguilo, mantemos ano tras ano a nosa aposta pola innovación cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros, dos cales máis do 42 % é investimento propio realizado dende Feiraco. Ademais, cooperamos con diferentes grupos de investigación tanto a nivel autonómico como nacional e internacional. Ademais, contamos co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), y do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para a realización de diversos proxectos.

A innovación atinxe, polo tanto, a todos os nosos produtos, procesos e servizos e é o núcleo central de todas as operacións que se levan a cabo dende a cooperativa.

Búscase producir ideas nas que basear o proceso de creación de novos produtos e servizos ou mellorar os existentes, tendo en conta o capital humano, o coñecemento para transformar os recursos en produtos e servizos que satisfagan as novas necesidades tanto do mercado como da cooperativa e dos seus socios; o espírito empresarial capaz de aceptar riscos dun xeito organizado e a cooperación interna e externa.

INNOVACIÓN 360º

En Feiraco apostamos por un modelo de innovación de principio a fin que permite controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo: dende a orixe ao consumidor; dende a granxa á mesa.

Un modelo 360º co que buscamos tanto a innovación industrial, na propia planta industrial de Feiraco, como a mellora da calidade dos solos; a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas; o mellor perfil dos nutrientes do leite de forma natural e valorar a idoneidade das racións de pasto formuladas previamente.

Captura de pantalla 2016-06-17 a las 16.45.51

SAÍDA. PLANTA INDUSTRIAL FEIRACO

A innovación industrial baséase na mellora dos procesos industriais co fin de minimizar o impacto no medio.

Captura de pantalla 2016-06-17 a las 16.46.23

PASTO

Método Cornell Net Carbohydrate and Protein System, Cornell University, para a valoración da idoneidade de racións formuladas previamente.

Captura de pantalla 2016-06-17 a las 16.45.58

AIRE

Diminución das emisións GEI. Minimízanse as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas.

Captura de pantalla 2016-06-17 a las 16.46.15

I+D+i. A MESTURA PERFECTA

Procúrase mellorar o perfil dos nutrientes do leite de forma natural mediante a alimentación animal, buscando alimentos máis seguros, saudables e sabedeiros.

Captura de pantalla 2016-06-17 a las 16.46.07

SOLOS

Mellora da calidade dos solos. Diminúense os niveis de fósforo nos xurros, reducindo a eutrofización dos solos agrícolas.