Exceleite, os premios ao leite máis excelente!

Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de…

Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo

Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as…

Polas nosas mulleres!

Todos os días son 8 de marzo. Pero hoxe, especialmente, queremos dar un paso adiante polas nosas mulleres porque elas son, sen dúbida, un dos piares da nosa cooperativa.

CLUN, contra a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), os traballadores e traballadoras de CLUN realizaron paróns e concentracións ás 12:00 h. en todos os centros da cooperativa (Ponte Maceira, Ribadeo, Caldas de Reis, Melide e axencias agrarias), como unha mostra de seu rexeitamento ante calquera tipo de violencia.

Nova campaña de Feiraco

Esforzo, compromiso, valor, entrega, traballo en equipo… Hai case 50 anos un grupo de gandeiros do val da Barcala uniuse co gran soño de crear un proxecto no rural galego movido por todos estes valores. Despois de medio século de andaina, Feiraco é hoxe o triunfo daquel reto, que parecía case unha quimera. Os nosos…

Somos cooperativa!

Dende a fundación de Feiraco, hai xa case 50 anos, traballamos a prol do compromiso co sector lácteo e co desenvolvemento de Galicia, e todo dende un pilar básico que marca o noso xeito de ser: o cooperativismo.

Leite Feiraco, agora sen lactosa!

En Feiraco ampliamos a nosa gama de leites coas novas variedades Feiraco Sen Lactosa! Se es intolerante á lactosa ou buscas un leite máis dixestivo con todo o sabor e a calidade 100% galega, sen dúbida este é o teu leite.