FEIRACO CARTA APALPADOR

Cartas de FEIRACO ao apalpador

Este xigante carboeiro baixa das montañas do Courel nas noites do 24 e 31 de decembro para visitar ás nenas e aos nenos galegos, tocándolles as barriguiñas para ver se comeron dabondo durante todo o ano. En FEIRACO quixemos preparar unhas cartas ben chulas para que poidades imprimir e facerllas chegar ao Apalpador. Seguide lendo💚

Leite solidario para reforestar os montes no Courel

Arranca a nosa campaña solidaria para axudar á reforestación dos montes queimados do Courel! 💚🐄 Creamos unha edición especial do noso leite semidesnatado coa imaxe do Apalpador para doar, ao plan de recuperación dos montes, un céntimo por cada litro de leite solidario.

día da muller rural 2022

Nove metros de maxia: celebramos o Día da Muller Rural!

O retrato dunha muller gandeira anónima para representar a todas as mulleres gandeiras e rurais da nosa terra polo día da MULLER RURAL 👩🏻‍🌾 cunha fermosa obra do artista Mon Devane. Nove metros de altura de pura maxia! E, como non podía ser doutro xeito, quixemos facelo no corazón do concello máis leiteiro de Galicia:…