Receitas infantís: flan de Queixo Tetilla
Quen se resiste a un delicioso flan? Se, ademais, conta entre os seus ingredientes cun dos produtos galegos de máis tradición e sabor como é o Queixo Tetilla, triunfaremos seguro.
Subtotal: 0,00 €
Quen se resiste a un delicioso flan? Se, ademais, conta entre os seus ingredientes cun dos produtos galegos de máis tradición e sabor como é o Queixo Tetilla, triunfaremos seguro.
Vimos de rematar a segunda edición de #Deondevénoleite? e en Feiraco non podemos estar máis satisfeitos. Acompañáronnos nesta aventura máis de 1.500 nenos e nenas de colexios de toda Galicia, que nos visitaron para coñecer de preto o día a día dunha granxa e descubrir como é o proceso de produción do leite.
Feiraco forma parte, xunto con outras 13 empresas, do Grupo de Representación Empresarial Galego de Responsabilidade Social Empresarial, nacido co compromiso de materializar un concepto propio e diferente de RSE. O Grupo celebrou o pasado 30 de maio o seu primeiro encontro anual de 2014. A xornada de traballo estivo centrada na integración dos valores…
Que pasa se sacamos unha vaca do prado e a levamos a unha biblioteca? En Feiraco queremos sumarnos un ano máis á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura, que este ano homenaxea a figura do poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro.
Hoxe queremos compartir con vós un novo proxecto de I+D no que participamos xunto a outros 20 socios de distintos países da Unión Europea. Feiraco é unha das empresas integrantes do proxecto Susmilk 2013-2017.
Os amorodos son unha das froitas preferidas polos máis pequenos da casa. Están boísimos, son moi saudables e ademais… están de tempada!
Quen dixo que as filloas eran só para o Entroido? En calquera época de ano, son unha excelente alternativa para preparar unha merenda divertida e diferente para os pequenos da casa. Ademais, divertiranse como nunca axudándovos a preparalas!
Acordádesvos de Belén e Roi, os protagonistas dos contos #deondevénoleite? Pois agora están aprendendo a cociñar! Os dous nenos, sempre coa axuda supervisión dun adulto, vannos ir ensinando unha morea de receitas sinxelas e doadas de preparar especialmente pensadas para facer en familia. Ben sexa como plan para un día de choiva ou ben como entretemento…
«O leite de agora xa non sabe como o de antes». De seguro que oístes esta frase a algún dos vosos maiores. A idea de crear un leite 100% natural co sabor tradicional de toda a vida foi unha das principais motivacións que nos impulsou en Feiraco a crear a gama Unicla.