Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Como nos gusta isto de disfrazarnos! Por terceiro ano consecutivo, distribuímos unha edición especial dos nosos envases de leite Feiraco con motivo da celebración do Entroido.

Pirata, superheroe e shériff… Quen non se disfrazou algunha vez dalgún destes tres personaxes míticos? Pois as nosas vacas aínda non o fixeran! Así que este ano non o dubidaron: capa nas costas, parche no ollo e chapeu vaqueiro para gozar da festa coas mellores galas. Desta guisa as veredes presumindo con moito garbo en todos os nosos puntos de venda.

E non queren facelo soas! En Feiraco sumámonos á celebración dunha das festas máis importantes de Galicia invitándovos a todos a seguir os pasos dos nosos briks. Así que, como di o slogan, “maiores e meniños todos ben disfrazadiños”. Preparados xa para vivir o Entroido?

O Entroido sabe a Feiraco

Como seguro que xa recordaredes, non é a primeira vez que vestimos de entroido os nosos cartóns de leite enteiro, leite semidesnatado e leite desnatado. Se en 2012 lucían do máis vistoso ataviados de tradicionais “choqueiros” na campaña “Neste Entroido todas as vacas queren ser Feiraco“, o ano pasado fixemos a nosa particular homenaxe a dúas das máscaras máis características do Entroido ourensán con “O Entroido sabe a Feiraco“: cigarróns e peliqueiros.

Como nas edicións anteriores, ademais da personalización dos briks, non faltará publicidade exterior e online, accións específicas nos puntos de venda e todo o ruído que se nos ocorra facer. E é que todo é pouco para sumarnos á celebración!

E unha última nota, esta vez culinaria. Aínda non sodes fans do perfil de Feiraco en facebook? Non dubidedes en pasarvos pola nosa páxina, onde xa temos todo a punto para organizar o noso tradicional concurso de receitas de Entroido.

Que vos parece a edición especial dos nosos envases? Gústanvos este tipo de accións?

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis