Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.
Compartindo tradicións de San Xoán
Recoller as herbas do San Xoán, facer unha sardiñada en familia, pedir un desexo saltando a cahela… Cal é a túa tradición favorita do San Xoán? Esta era a sinxela pregunta que había que responder no noso facebook, xunto co hashtag #SanXoánFeiraco, para entrar no sorteo das 300 toallas personalizadas.
En Feiraco xa sabiamos que tiñamos unha comunidade de seguidores moi participativa e que sempre recibides con moito agarimo as nosas promocións, pero temos que confesarvos que quedamos abrumados co tremendo éxito de participación. Recibimos máis de 1.000 comentarios, que se di pronto! Ou dito doutro xeito: máis de mil historias e vivencias sobre como celebrades esta festa tan característica de Galicia; máis de 1.000 persoas que adicastes un minuto da vosa vida a poñer en valor as nosas tradicións compartíndoas cunha marca que, do mesmo xeito, traballa a cotío no seu compromiso con Galicia.
Só nos queda darvos as GRAZAS con maiúsculas! Estamos ben orgullosos de contar cuns consumidores tan riquiños.
Sube unha foto e etiquétanos
E agora que? Pois agora só queda encher as praias de Galicia coas vaquiñas Feiraco! Ao longo do mes de xullo as 300 toallas viaxarán destino dos 300 gañadores repartidos por toda a nosa xeografía e faríanos moita ilusión seguirlles o rastro nos areais galegos. Así que, xa sabedes, este verán presumide de toalla Feiraco, subide unha foto ás vosas redes sociais co hashtag #ToallaFeiraco e non esquezades etiquetarnos en Facebook ou en Instagram.
Súmate á comunidade Feiraco
E se ti non fuches un dos agraciados nesta ocasión, non desistas! Sempre temos novas sorpresas preparadas. Lembrade que tamén temos activa a campaña Facendo País, na que sorteamos 5 premios de 2.000 euros cada un.
E se non queredes perder ningunha das nosas promocións e sorteos, sumádevos a nosa comunidade de Facebook. Xa somos máis de 26.000 siareiros e siareiras e só nos faltas ti!