
Vacamiseta. Substantivo feminino. Peza de vestir, xeralmente sen colo e de manga curta, cun característico estampado de vaca que produce no usuario efectos inmediatos de bo rollo e ganas de festa.
Imaxinas unha entrada así no dicionario? Nós si… Por iso, como a palabra non existía, tivemos que inventala!
Entroido 2017
Un ano máis, e xa van seis, sumámonos a unha das festas con máis tradición en Galicia. E facémolo do xeito que mellor nos gusta: disfrazándonos e compartíndoo con todos os nosos consumidores.
Na edición 2017, as nosas caixas de leite enteiro, semidesnatado e desnatado póñense de gala e lucen un fermoso print animal en tres cores, cada cal máis bonito: azul, verde e vermello.
E se vos gusta, estades de noraboa, porque vimos de deseñar unhas camisetas exclusivas co mesmo estampado: as Vacamisetas de Feiraco. Sonche ben molonas, non si?
Queres conseguir a túa Vacamiseta?
Para facelo só tes que mercar unha caixa de 6 litros de calquera das tres variedades de Leite Feiraco e tirarlle unha foto ao tique de compra. Despois pásate pola nosa canle de facebook e súbea, xunto cos teus datos, á aplicación do concurso. Sorteamos 500 vacamisetas entre todos os participantes. Non quedes sen a túa!