- A cooperativa vestirá as súas caixas agrupadoras de leites clásicas cun escudo de agroheroe que permitirá aos consumidores optar a diferentes premios a través das redes sociais da cooperativa.
Ponte Maceira, 02 de febreiro de 2014.-Con motivo da celebración dunha das festas máis conmemoradas de Galicia, o Entroido, Feiraco anima a todos os galegos a converterse en auténticos agroheroes para vivir esta festividade dun xeito especial. Para iso a cooperativa vestirá, desde hoxe ata o vindeiro 28 de febreiro, as súas caixas agrupadoras de leites clásicas cun distintivo impreso que permitirá identificar a cada consumidor como agroheroe.
Para optar aos diferentes premios o consumidor deberá recortar o distintivo que figure nas caixas e facerse unha foto que subirá á App Entroido que atopará no perfil de Facebook de Feiraco. As primeiras 1.000 fotografías que se suban ao Facebook da cooperativa recibirán unha camiseta de Agroheroe deseñada en exclusiva pola firma Rei Zentolo. Pola súa banda, as fotografías máis orixinais serán agasalladas con 90 lotes de produtos Feiraco.
#feiracoagroheroe, o novo heroe do século XXI
En liña cos valores estratéxicos de Feiraco, galeguidade, naturalidade e cooperativismo, a cooperativa asocia ao auténtico agroheroe cunha persoa que se identifique, de igual xeito que o fai ela, cos valores e tradicións galegas. De aí que calquera persoa poida proclamarse agroheroe con tan só consumir leite Feiraco; contar con suficiente sentido do humor e pór en valor aquelas accións propias da tradición e cultura de Galicia.