- Esta mañá medio centenar de estudantes da EFA Fonteboa (Coristanco) participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na Fundación Feiraco, situada en Ames.
- A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar o cooperativismo e a economía social.
Técnicos de AGACA impartiron unha xornada de formación sobre cooperativismo no eido agroalimentario para 52 de estudantes de primeiro, segundo e terceiro de secundaria da Escola Familiar Agraria Fonteboa. A xornada tivo o obxectivo de explicar as características e oportunidades de desenvolvemento laboral e económico do modelo cooperativo de negocio, de xeito os estudantes poidan consideralo como unha opción de futuro profesional no momento de rematar os seus estudos.
Despois da formación teórica, percorreron as instalacións da cooperativa láctea Feiraco (Ames), onde viron paso a paso os pormenores da elaboración dos produtos lácteos, así como o funcionamento dunha sociedade cooperativa.
AGACA e a Fundación Feiraco, que dende o 2012 funciona como un dos “Centros Rede Eusumo” para a dinamización do emprendemento cooperativo, participan así, unha vez máis, nun dos proxectos da Rede Eusumo, impulsada pola Consellería Economía, Emprego e Industria dende o ano 2011.
Rede Eusumo
Asesoramento, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal son outras áreas de actividade que definen a rede de colaboración Eusumo.