O Leite Únicla de CLUN, Premio Ejecutivos Galicia á Mellor Estratexia Empresarial

  • Recibiu o recoñecemento na VIII edición dos Premios Ejecutivos Galicia convocados pola revista Ejecutivos
  • O acto de entrega estivo presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero

O presidente de CLUN, José Ángel Blanco, acompañado do director xeral da cooperativa, José Luís Antuña, recolleu onte en Vigo o Premio Executivos Galicia á Estratexia Empresarial concedido ao leite Premium Únicla.

O acto, presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, contou coa presenza da editora de revista María Victoria de Rojas, e múltiples representantes do sector empresarial galego.

O leite Únicla de CLUN, único e de excelente sabor, procede dunha alimentación 100% natural das vacas, complementada con sementes de liño, factor clave para obter os beneficios dos pastos de primavera durante todo o ano. As súas extraordinarias propiedades nutricionais forman parte do noso compromiso decidido cunha alimentación máis saudable e a sustentabilidade. Trátase do único leite certificado tanto en medio Ambiente como en Benestar Animal en envases procedentes de fontes sustentables e os únicos certificados Carbón Neutral, reducindo ata cero as emisións no seu proceso de fabricación.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis