- A división de lácteos da cooperativa recibe o Premio Carrefour á “Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia”, outorgado polos clientes da firma de distribución que visitaron a campaña ‘Da Terra e do Mar a Maior Calidade’, con presencia de 65 empresas galegas e 120 produtos locais.
- O director xeral de Feiraco, José Luis Antuña, recolleu o premio de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
- O “Premio á Empresa máis Innovadora” recae na compañía cárnica Torre de Núñez.
Ponte Maceira, 19 de Noviembre de 2014.- Feiraco Sociedade Cooperativa Galega recibiu este mediodía o Premio Carrefour á Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia. O grupo cooperativo faise con este recoñecemento grazas á votación dos clientes de Carrefour que visitaron a campaña ‘Dá Terra e do Mar a Maior Calidade’, desenvolta desde o 11 ao 28 de xullo, nos hipermercados galegos da cadea de distribución. A mostra contou coa presenza de 65 empresas galegas e 120 produtos locais.
A aposta pola calidade de Feiraco como valor estratéxico e inherente ao seu modelo de negocio converte á cooperativa en marca galega líder do sector. A segunda gran aposta de Feiraco dirixiuse sempre a preservar a seguridade alimentaria, primeiro nas súas fábricas a través das certificacións ISO, e máis recentemente en once das súas granxas, que alcanzaron a máxima distinción europea nesta materia. O terceiro eixo de Feiraco ocúpao a innovación, I+D implementado en todas e cada unha das fases da cadea de valor. En definitiva, produtos de calidade, seguros, innovadores, saudables e ao mellor prezo que ofrece Feiraco e nos que os clientes de Carrefour depositaron a súa confianza e premiaron a súa alta valía e diferenciación no mercado.
O director xeral de Feiraco e conselleiro delegado de Feiraco Lácteos, José Luís Antuña, encargado de recoller o premio, agradeceu na súa intervención o esforzo e dedicación de todos os que forman parte da cooperativa, traballadores, provedores e outros colaboradores; de maneira especial a cadeas de distribución como Carrefour e os seus clientes. “Son xa moitos os anos durante nos que Carrefour respalda a produción e a industria agroalimentaria galega, como manifestación do seu compromiso con Galicia”, apuntou.
Innovación: orixe e destino da sustentabilidade empresarial e social
Antuña Álvarez fixo fincapé no proceso innovador que levou a Feiraco a revisar todo o referente ao manexo e alimentación das vacas. “O resultado é Unicla, un leite con perfís grasos saudables e unha composición equilibrada, de excelente sabor, a leite de toda a vida, un excelente alimento para calquera idade”.
E finalmente tamén se referiu ao factor prezo. “A produción láctea require familias no rural, explotacións, vacas, leiras para plantar millo e forraxe, significa vida e poboación no campo galego, unha das maiores reservas mundiais para a produción láctea; e ordeñar todos os días do ano. Nós temos que ser eficientes e controlar os custos de materia prima, os investimentos, a industria, mellorar os procesos de traballo, defender as marxes. Os consumidores deben entender que detrás dun litro de leite hai todo isto, e que o leite debe desaparecer como produto reclamo a prezos por baixo do seu custo industrial, vai niso moito máis que aforrarse uns céntimos, está en xogo o coidado da natureza, o medio ambiente, a pluralidade de aldeas e pobos de Galicia, a substitución xeracional, etc.
Sempre foron os mellores socios da nosa cooperativa, os nosos produtos tiveron acollida nas súas tendas e procuramos responder coa máxima calidade e transparencia comercial, unha relación frutífera que se ve reforzada con esta distinción”, concluíu José Luís Antuña.
Carrefour en Galicia
O modelo comercial de Carrefour integra aos produtos locais e rexionais na súa variedade habitual, para garantir así a liberdade de elección dos seus clientes. A compañía mantivo o pasado exercicio relación comercial con 543 empresas galegas; ofrecendo deste xeito, xunto ás marcas de fabricantes nacionais, os produtos das empresas da rexión, ademais dunha ampla selección de marcas propias.
Carrefour recoñece, con estes premios, o labor das pemes locais que destacan pola súa calidade e imaxe nos seus mercados. Así mesmo, estas campañas responden o compromiso da empresa de distribución de integrarse nas contornas socio-económicos das localidades onde se sitúa e apoiar ás economías rexionais.