- Socios da cooperativa e produtores lácteos clientes da entidade bancaria participaron nesta xornada informativa na que tamén se abordou a situación actual e expectativas de futuro do sector lácteo.
- Esta acción enmárcase no convenio de colaboración entre Feiraco e Banco Santander que contempla beneficios financeiros e solucións non financeiras a socios e traballadores da cooperativa.
Ponte Maceira, 12 de Noviembre de 2014.- Socios de Feiraco Sociedade Cooperativa Galega e produtores lácteos clientes do Banco Santander do mundo agrogandeiro de Galicia participaron onte na masterclass para coñecer de primeira man as vantaxes financeiras que a entidade bancaria pon a disposición das pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario galego a través do seu Programa Advance.
Durante a xornada, o director xeral de Feiraco, José Luís Antuña, centrou a súa intervención na situación actual da cooperativa e o futuro do sector lácteo. Seguidamente, a responsable nacional do sector agroalimentario de Banco Santander, Nuria Moreno, foi a encargada de explicar os produtos financeiros, solucións non financeiras e as condicións específicas vantaxosas que o Banco pon a disposición do sector agrogandeiro.
Programa Advance
Esta acción forma parte da serie de presentacións que Banco Santander está a facer do seu Programa Advance, pensado para ofrecer flexibilidade para que as expectativas de negocio se fagan realidade, e enmárcase na colaboración formalizada con Feiraco para ofrecer ao colectivo de asociados da cooperativa un conxunto de produtos e servizos bancarios de interese, adecuados ás súas necesidades financeiras.
Entre as condicións establecidas para Feiraco atópase a Conta Investimento Agro, pensada para remunerar os excedentes de tesouraría, obtendo a máxima dispoñibilidade e rendibilidade. Outro servizo é o financiamento de cooperativas a través de Crédito Campaña para facer fronte ás necesidades da Campaña Agraria e de préstamos para investimentos en activos que supoñan melloras en explotación ou adquisición de maquinaria ou para melloras ou transformacións que requiran maiores prazos de amortización. Ademais de fórmulas de financiamento ou anticipo de importacións e cofirming para facilitar pagos a provedores e socios sen necesidade de recorrer a créditos de campaña.
Acordo de colaboración
A través deste acordo de colaboración, os socios e empregados de Feiraco gozarán, entre outras vantaxes, de aforros exclusivos do plan “Queremos ser o teu Banco” e financiamento para os cobros procedentes das axudas da Unión Europea; para facer fronte ás necesidades de liquidez durante as distintas fases da Campaña Agraria e para investimentos en activos que supoñan melloras da explotación e adecuación das mesmas.
Os socios disporán tamén de financiamento exclusivo para adquirir terras, transformar ou mellorar as súas leiras ou para o pago de primas por Agroseguros. Ademais poderán beneficiarse do financiamento de subministracións dado que o Banco Santander ten asinado diferentes acordos con provedores para dar o mellor servizo ao sector agrario.