Letras Galegas 2017 con sabor a Feiraco

  • A cooperativa CLUN lanza unha edición especial dun millón de briks de leite Feiraco coa imaxe de Carlos Casares
  • Será posible descargar unha das obras literarias do autor homenaxeado a través do código QR que figura nos cartóns

  • O presidente e o director da división de lácteos de CLUN destacaron na rolda de prensa “o noso compromiso coa identidade e o idioma propios como valores que fan de CLUN unha cooperativa ligada ao xeito de ser galego”
  • No marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a cooperativa patrocina ademais o concurso de carteis en centros de ensino de toda Galicia e a Carreira das Letras, que terá lugar o vindeiro 14 de maio
  • Por sexto ano consecutivo, Feiraco convida tamén a todos os galegos a participar no certame literario de microrrelatos a través da aplicación que está publicada na na páxina de Feiraco.

 

Ponte Maceira, 02 de maio de 2017.- Esta mañá presentouse a edición especial de Feiraco Letras Galegas 2017, que leva a a imaxe de Carlos Casares, autor homenaxeado neste ano, aos briks das tres variedades de leite Feiraco clásico. En total, serán un millón de litros de leite Feiraco que divulgarán a celebración das Letras Galegas e a figura de Casares, permitindo ademais coñecer a súa obra, xa que poderá descargarse un dos títulos do autor a través do código QR inserto no lateral dos cartóns.

 

 

A rolda de prensa contou coa participación do presidente de CLUN, José Ángel Blanco, e do director da súa división de Lácteos, Pablo Gómez; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do autor, Hakan Casares; do visecretario da Real Academia Galega, Andrés Torres Queiruga, e da directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez.

 

Imaxe e obra de Casares

A imaxe de Carlos Casares que van lucir os briks de Feiraco durante todo o mes de maio é unha ilustración orixinal cedida en exclusiva pola Fundación Carlos Casares para realizar esta acción. Do mesmo xeito, a Fundación Carlos Casares cedeu a obra literaria que se divulgará nos envases.

Deste xeito, os consumidores de Feiraco engaden ao prace e os beneficios de tomar o noso mellor leite o poderen gozar tamén do mellor da literatura galega.

 

Compromiso co idioma galego

Esta iniciativa englóbase na colaboración histórica de Feiraco coa Xunta de Galicia para difundir a celebración das Letras Galegas e a obra dos distintos autores homenaxeados, e exemplifica a aposta de CLUN polo idioma, a cultura e o patrimonio galegos en todos os seus ámbitos de actuación. Unha aposta que foi resaltada polo presidente de CLUN, José Ángel Blanco, quen afirmou o compromiso “coa identidade e o idioma propios como valores que fan de CLUN unha cooperativa ligada ao xeito de ser galego”.

O patrocinio do concurso de carteis en centros educativos de toda Galicia e da Carreira das Letras, o vindeiro 14 de maio, completan o apoio de CLUN ás accións da Xunta de Galicia coincidindo coas festividade das Letras Galegas 2017.

 

Certame de Microrrelatos

Ademais, Feiraco organiza como cada ano o seu tradicional Certame de Microrrelatos Letras Galegas, incentivando a creación literaria e animando a todos os galegos que queiran participar a compartir os seus relatos a través dunha aplicación que está dispoñible ata o 17 de maio na páxina web da marca, www.feiraco.es

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Celebramos o San Xoán homenaxeando á terra, á tradición e ao feito a man

12 Xuño, 2025

Ler máis

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis