Feiraco renova a súa imaxe corporativa

  • A cooperativa láctea galega presenta a súa nova identidade visual corporativa, cun diseño actual, no que se dinamizaron cada un dos elementos orixinais que a compoñen, realzando a súa presenza.
  • A nova imaxe de FEIRACO é o reflexo actual da cooperativa láctea líder, que á súa vez contén a esencia da súa razón de ser: galeguidade, naturalidade e cooperativismo.
  • A renovación da imaxe da marca máis consolidada do sector trasladarase a cada un dos soportes utilizados pola cooperativa, con especial presenza na súa liña de productos lácteos, a través do seu recoñecido envase.

Ponte Maceira, 19 de decembro de 2014. Feiraco Sociedade Cooperativa Galega renova a súa imaxe de marca mediante un novo deseño máis actual, no que se dinamizaron cada un dos seus elementos orixinais. A evolución da súa arquitectura gráfica é o reflexo do momento actual da cooperativa e dos seus valores principais de galeguidade, naturalidade e cooperativismo, conceptos presentes dende a súa orixe.

Unha das características máis destacadas na nova imaxe, é o protagonismo que se lle outorgou á cor verde corporativa, símbolo da cooperativa, que axuda a potenciar a presenza do texto que compón a palabra Feiraco e a súa diferenciada tipografía en triple barra. De igual maneira, a cor verde xoga un papel fundamental nesta nova imaxe, axudando a reforzar os piares sobre os que se sustenta a cooperativa, que representan un modelo activo co seu entorno e o sector ao que pertence, mendiante unha firme aposta pola innovación e o seu desenvolvemento sostible. En conexión con estas fortalezas, o eslogan ‘Alimentando un Xeito de Ser’ continúa presente como impulsor da mensaxe principal da cooperativa e a súa construción dunha identidade propia.

Por outra parte, cabe destacar o restyling que se aplicou sobre o símbolo do perfil de vaca, elemento que compañou á imaxe de Feiraco dende as súas orixes e que evolucionou cara unhas liñas máis suaves e redondeadas. Estos cambios aportan un maior dinamismo ao icono de Feiraco, que o fan máis próximo, en correspondencia á vontade da cooperativa de escoitar e interactuar co seu entorno.

Nuevos-envases-leche-Feiraco

Novo envase

A renovación da identidade visual de Feiraco trasládase a todos os seus soportes gráficos, con especial presenza na súa liña de produtos lácteos, a través do seu recoñecido envase de leite. O novo cartón de leite preséntase cun deseño estruturado, no que se lle outorga principal protagonismo ao símbolo da marca, o perfil da vaca que a identifica, recordando o seu histórico tetra brik dos anos setenta.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis