Feiraco e o Goberno, xuntos pola participación da muller en postos de dirección

Ponte Maceira, diciembre de 2014.- Consciente da importancia de contar cunha participación equilibrada de mulleres e homes en postos de dirección, Feiraco Sociedade Cooperativa Galega firmou, o pasado mes de novembro, un acordo de colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSI) para adoptar medidas que favorezan a presencia e a participación equilibrada de mulleres e homes no Comité de dirección.

Coa firma de dito convenio, de catro anos de duración, Feiraco comprometeuse a adoptar unha serie de medidas a favor da conciliación, co obxetivo de acadar unha igualdade efectiva entre homes e mulleres nos postos de alta responsabilidade.

En primeiro lugar, contará, sempre que sexa posible, cunha presenza equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e asegurará a participación equilibrada en procesos de promoción do persoal, sempre que a valoración profesional dos candidatos sexa similar. Tomará en consideración este principio de presencia equilibrada cando se produza unha vacante. Ademáis deberá deseñar plans orientados a promover o equilibrio na promoción profesional, fomentando a capacitación das mulleres, e establecerá medidas de organización e flexibilización do tempo de traballo para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, prestando especial atención a evitar que a maternidade sexa un impedimento para a promoción profesional.

Feiraco tamén se comprometeu co Ministerio de Igualdade a presentar, en dous anos, un informe analítico no que se plasmen logros e desequilibrios para establecer novas medidas que permitan acelerar o cumprimento do obxetivo fixado: establecer un equilibrio entre homes e mulleres nos postos directivos.

Talento repartido entre homes e mulleres

Pola súa parte, Igualdade comprometeuse a asesorar a Feiraco en materia de igualdade de oportunidades. E é que acadar unha maior presenza de mulleres en postos de dirección é unhas das tarefas máis importantes nas que se embarcou o departamento que dirixía Ana Mato, pois “para crecer, para ser mellores, hai que buscar, atraer, reter e premiar o talento, que está igualmente repartido entre homes e mulleres”, asegurou a ministra por entón, no acto de adhesión. “Máis mulleres en postos de responsabilidade significa mellores empresas, e en definitiva maiores oportunidades para todos”, apostillou.

Igualdade na Empresa

Feiraco aspira a renovar o distintivo “Igualdade na Empresa”, obtido en 2011 sendo a primeira empresa láctea de España en facerse con dito recoñecemento. Para valoralo, Igualdade terá en conta a firma deste convenio de colaboración.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis