Celebrar o Nadal cos galegos e galegas xa é tradición en FEIRACO, e este ano non ía ser menos! Este Nadal, dende FEIRACO queremos poñer en valor as nosas tradicións de sempre, tradicións tan típicas como as de deixar os vasiños de leite 🥛🎄 as súas maxestades: 👑Melchor, 👑Gaspar e 👑Baltasar na noite de Reis.
E para que non haxa confusións nin discusións, agasallamos un lote de tres vasos personalizados, un para cada Rei Mago, que poderá conseguirse mercando unha caixa de leite de calquera referencia FEIRACO.
Son 200 os lotes de vasos para os Reis Magos que dende FEIRACO regalamos, e para poder gañar un só tes que seguir estes pasos:
- Mercar unha caixa de leite FEIRACO 🛒🥛(6 litros de leite de calquera das nosas referencias)
- Facer unha foto da caixa de leite xunto co tícket de compra 🤳
- Completar o formulario que poderás atopar na nosa web, nas nosas redes sociais e nos QRs dos envases de Nadal 📲
- E listo! 😉
E por se isto fora pouco, dende FEIRACO tamén convidamos a todos os galegos e galegas a visitar o Belén máis rural en Santiago de Compostela.
Un belén tradicional con figuras artesáns que reflexan a vida no rural.
Podes visitalo:
- Ata o 📅8 de xaneiro, todos os días da semana de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 21.00h.
- No 📍Salón Noble do Pazo de Raxoi (Santiago de Compostela)
Máis información: AQUÍ