Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrelatos

  • O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas
  • A presentación correu a cargo de Esther Estévez, madriña desta iniciativa e coñecida comunicadora do “Digocho eu” da TVG
  • O certame trata de chegar a toda a poboación galega con dúas categorías, unha para adultos e outra para estudantes

O XII Certame de Microrrelatos Feiraco para celebrar o Día das Letras Galegas foi presentado esta mañá na librería compostelá Follas Novas. O obxectivo é contar coa maior participación posible da sociedade galega a través de dúas categorías, unha para adultos e outra para estudantes. Así o anunciaron o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a directora do departamento de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey; Rafael Silva, fundador da Librería Follas Novas; e a comunicadora do coñecido programa de divulgación lingüística da galega “Digocho Eu”, Esther Estévez, como madriña desta iniciativa por segundo ano, durante un almorzo cos medios de comunicación na librería Follas Novas.

FEIRACO e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude buscan con a duodécima edición deste certame promover a lectura en galego á vez que o coñecemento, e o uso e a divulgación do idioma galego.Na anterior edición, que contou cunha boa participación, gañaron os colexios CEIP Nosa Señora das Dores, de  A Coruña, e IES Urbano Lugrís, de Pontevedra.

Practica a “Leiteratura”

A directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey, explica que “con este certame queremos reivindicar a lectura facendo un chamamento a practicar a Leiteratura. Xa que a lectura e o leite maridan moi ben, e aportan noso momento de desconexión diario que precisamos.Leiteratura é un momento para deixar as pantallas e dedicar á lectura. Recuperando ese espazo que os móbiles, ás veces sen darnos conta, rouban á lectura. Practicar a Leiteratura alimenta! Alimenta o corpo, grazas ó leite e alimenta a imaxinación, o coñecemento e a nosa mente, grazas á literatura.”

Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, destaca que “o leite e a literatura son dous dos principais produtos de Galicia. A súa unión fala de pasado, presente e futuro. Fala dos galegos e galegas e do que somos quen de conquerir co esforzo de cada día. E que mellor día para celebrar este propósito que o Día das Letras Galegas”.

Pola súa banda, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, salientou a novidade desta edición, que inclúe por primeira vez a participación do público adulto “pero sen deixar de lado á mocidade, na que radica o futuro da nosa lingua e á que alentamos sempre a soñar, crear e imaxinar na lingua propia ao igual que no seu día fixo Luísa Villalta”.

Dúas categorías

Aqueles que queiran participar neste certame e conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a poetisa talentosa Luisa Villalta xa poden preparar os seus  relatos. Estes deberán ser orixinais, estar escritos en galego, ter un máximo de 500 palabras e de temática libre, coa única condición de que a historia comece coa frase: “Púxenme a escoitar…”.

As persoas participantes na categoría de adultos(maiores de 18 anos) deberán subir os seus escritos en formato PDF á web https://leiteratura.feiraco.es/ do 23 de abril ao 18 de maio. No caso da categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos), será o profesorado de cada centro educativo galego quen seleccionará o mellor relato presentado polo alumnado e o subirá entre o 8 de abril ao 18 de maio ao mesmo sitio web.

Un xurado conformado por persoal de FEIRACO e da Secretaría Xeral da Lingua seleccionará os tres relatos premiados de cada categoría de acordo a tres criterios: orixinalidade e creatividade da historia, coidada redacción e uso correcto da lingua galega. Todas as persoas premiadas levarán un lote de produtos FEIRACO. A maiores, o primeiro premio sumará un ano de libros en galego e un agasallo especial:unha vaca suxeitalibros de FEIRACO feita por un artesán galego en madeira de bidueiro; o segundo premio levará un ano de libros en galego; e o terceiro premio incluirá unha selección de libros de Luisa Villalta.

 

Estas Letras Galegas… Practica a Leiteratura!

A Leiteratura é un recordatorio para que cada día, todos os días, adiquemos un momento para nós. Un momento no que procuremos un bo libro, cunha cunca de leite morno, un lugar de calma e desconectemos para practicar a nosa sesión diaria de Leiteratura.

A Leiteratura quere animar a lectura como hábito de todos os días. Para recuperar o control do noso propio tempo. E para manter viva a nosa lingua.

Leiteratura é un momento para deixar as pantallas e dedicar á lectura. Recuperando ese espazo que os móbiles, ás veces, sen darnos conta rouban á lectura. Practicar a Leiteratura alimenta! Alimenta o corpo, grazas ó leite e alimenta a imaxinación, o coñecemento e a nosa mente, grazas á literatura.

O leite e a literatura son dous dos principais produtos de Galicia. A súa unión fala de pasado, presente e futuro. Fala dos galegos e galegas e do que somos quen de conseguir co esforzo de cada día. E que mellor día para celebrar este propósito que o Día das Letras Galegas.

XII Certame de Relatos Breves de Feiraco

Practicar a Leiteratura e fomentar a nosa lingua é importante, cada día. E escribir é unha das mellores formas de dar vida a nosa lingua. Por iso,desde Feiraco, como cada ano polo Día das Letras Galegas celebramos o XI Certame de Relatos Breves.

Aqueles que queiran participar neste certame e conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a poetisa Luisa Villalta xa poden preparar os seus relatos. Estes deberán ser orixinais, estar escritos en galego, ter un máximo de 500 palabras e de temática libre, coa única condición de que a historia comece coa frase: “Púxenme a escoitar…”

Xa podes subir o teu relato á web leiteratura.feiraco.es , nesta páxina atoparás toda a información sobre o certame!

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking

  • O xurado, presidido por Amparo Alonso Betanzos, concedeu catro segundos premios a alumnado do IES Rosalía de Castro (2), do IES Brión e do IES Val Miñor de Nigrán

FEIRACO patrocinou a sexta edición dos Premios Stephen Hawking para apoiar o ensino galego da man do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Un centro que entregou o pasado venres o primeiro premio deste certame, dotado con 1.500 €, a Daniela Montoto Pereira, Leyla Villar Abella e Anxo Vázquez Manzano, do IES Blanco Amor de Ourense, polo seu traballo “Demostración e descubrimento automático de teoremas xeométricos mediante bases de Gröbner”, coordinado por Carlos Ferreiro García.

Os galardóns foron entregados o venres no salón de actos do instituto compostelán, nun acto que incluíu unha conferencia de Amparo Alonso Betanzos catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, e un cóctel con produtos de FEIRACO.

O VI Premio Stephen Hawking de Xóvenes Investigadores, coordinado por Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961), foi convocado polo IES Rosalía de Castro e conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, FEIRACO, Finsa e Ternera Gallega. O apoio de FEIRACO e CLUN a estes novos investigadores é reflexo da aposta da cooperativa pola innovación, un dos alicerces do noso crecemento e do noso proceso de mellora día a día, buscando sempre a calidade e a eficiencia en todas as fases e procesos da cadea de valor.

Premiados

O xurado concedeu catro segundos premios aos traballos: “Estudo do crecemento e supervivencia de larvas cunha dieta de polipropileno”, de Irene Lazzari Otero do IES Rosalía de Castro (coordinado por Sandra Vázquez Dorado), “Simulación computacional da interacción da magainina con modelos simplificados de membranas bacterianas e de mamíferos sans”, de Mikel Escobar Díaz, Álvaro Francos Martínez e Unai Peral Fernández do IES Brión (coordinado por Virginia Rodríguez Álvarez); “Aproximación á determinación dun índice para a comparación da cantidade de ácido ascórbico e da pegada de carbono en zume de diferentes tipos de kiwis”, de Antía Toinmil Estévez do IES Rosalía de Castro (coordinado por Jesús Fidalgo Fernández); e “Estudo da presenza de microplásticos na costa valmiñorana”, de Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba, o IES Val Miñor de Nigrán (coordinado por César Rodríguez López).

Así mesmo, concedeu dez terceiros premios a alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago (3), Do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago (2), do IES Eusebio da Guarda da Coruña (2), do IES Ramiro de Maeztu de Madrid, do IES Castilla de Soria e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Uns premios merecidos pola calidade científica dos mesmos: “todos os traballos contaban cunha enorme calidade en materia de investigación”, explica o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño. O alumnado tivo dez minutos para expoñer os seus traballos: “Tanto a presentación como a defensa dos rapaces foi moi boa”, engadiu o director, quen tamén quixo destacar o gran número de participación de alumnos e centros educativos.

En total presentáronse hoxe 54 traballos de estudantes de once institutos: nove galegos, un de Soria e outro de Madrid. Os traballos xiraban en torno a dous eixos: a figura de Amparo Alonso Betanzos e a súa contribución á intelixencia artificial; e a lenda desta edición: “Intelixencias”. A bioloxía e xeoloxía foron o campo con maior peso, pero tamén houbo representación en física e química, matemáticas, no ámbito tecnolóxico coa presenza da robótica, das ciencias sociais ou de índole artística.

Os centros que tomaron parte nestes VI Premios Stephen Hawking foron: IES Arcebispo Xelmírez II e IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Lucus Augusti e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Blanco Amor (Ourense), IES Xermán Ancochea Quevedo (Póboa de Trives, Ourense), IES Val Miñor (Nigrán, Pontevedra), IES Castilla (Soria) e IES Ramiro de Maeztu (Madrid).