Feiraco saca o que será o leite máis galego do mercado: leite de grelos

leite-de-grelos-feiraco

Feiraco saca á venta o leite máis galego do momento: leite de grelos. Trátase de un novo produto que moi pronto se poderá atopar en todos os supermercado de Galicia e que promete ser o produto máis emblemático da gastronomía galega.  

Detrás deste orixinal produto hai moito coidado dende a orixe. Son varias as ganderías socias da cooperativa Clun as implicadas no proceso de elaboración deste produto. Para conseguir unha calidade excepcional a alimentación das vacas das que procede este leite está baseada única e exclusivamente en grelos. Grelos da mellor calidade cultivados nas propias fincas dos socios da cooperativa.   

Non cabe dúbida de que este novo produto é unha aposta do máis orixinal coa que Feiraco loitará por converterse no líder de mercado de leites vexetais.  

Anímaste a probalo? Cóntanos a túa opinión ?  

FEIRACO volve ás camisetas do SD Negreira

Tras máis de 10 anos, FEIRACO volve a estar presente nas camisetas do club de fútbol da localidade de Negreira, o SD Negreira.

Un acordo forxado coa intención de fomentar o deporte galego,  tamén en municipios máis pequenos, como é Negreira, concello onde naceu en 1968, a cooperativa FEIRACO.

Presentación da nova camiseta

A presentación do novo equipamento tivo lugar o pasado venres na sede da nosa cooperativa CLUN en Ames. Nesta presentación, o presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños e o presidente do SD Negreira, Julián Ferreiro, presentaron a nova camiseta do equipo de 1ª rexional que leva o emblema de FEIRACO.

Esta colaboración é a demostaración de que, dende Feiraco, continuamos co compromiso coa nosa orixe, Negreira, coa xúa xente e co deporte. FEIRACO ten unha grande impronta nesta vila que recibe un impacto económico positivo procedente da relación coa cooperativa e moitos negocios locais, creando así numerosos postos de traballo directos e indirectos.

O pasado domingo, 27 de agosto, o equipo do SD Negreira estreou a nova camiseta no primeiro partido da pretemporada que se xogou no seu campo de fútbol, Jesús García Calvo en Negreira. Esta equipación será a que luzan tamén na nova tempada que da comezo o 10 de setembro coa liga.

Dende a directiva do SD Negreira mostráronse agradecidos polo compromiso dado pola cooperativa e manifestaron que os seus plans son traballar por ampliar base social e tamén conseguir fomentar este deporte nas categorías de recente creación como biberóns, pre benxamíns, benxamíns, alevíns e cadetes.

Unha colaboración que troixo sorte ao fútbol nicraniense

A relacion entre o SD Negreira e FEIRACO remóntase xa ao ano 1981, un acordo que durou ata a tempada 04/05, colaboración que se retoma nesta nova tempada 23/24.

Non só existe a relación de patrocinio, Negreira é unha localidade moi apegada a FEIRACO, proba diso é o campo de fútbol que leva o nome dun dos socios fundadores da cooperativa, Jesús García Calvo, e tamén os numerosos negocios locais e persoas vinculadas a actividade economica que promove Feiraco na vila.

SD Negreira

O SD Negreira celebra este ano o seu 60 aniversario, e faino con boa saúde. Conta con seis categorías infantís e xuvenís de recente creación, un equipo senior e con un equipo principal na categoría 1ª rexional. Máis de 100 xogadores forman esta sociedade deportiva de Negreira que conta con unha ampla base social.

Gaña un novo amuleto para este San Xoán!

O San Xoán galego caracterízase por estar cheo de rituais de purificación e protección. Ademais dos xa tradicionais, quixemos engadir un novo amuleto para conseguir un extra de protección e repartir máis sorte entre os galegos: os sanandresiños. 

Di a tradición que todo aquel que teña os sanandresiños estará sempre acompañado pola sorte. Cada figura representa a sorte nun ámbito distinto:  

A flor para o amor. 

A barca para as viaxes. 

O santo para a saúde e a amizade. 

A sardiña para o alimento. 

A man para os estudos.  

A escaleira para o traballo. 

A coroa para a protección.  

A pomba para a paz.

Pero faltaba un amuleto fundamental para nós, un amuleto que aporte moita sorte ao rural e os gandeiros e gandeiras da nosa terra. Por iso creamos un sanandresiño de vaca para engadir á colección. 

 

Jorge Bellón é un dos poucos artesáns que continúa coa tradición de elaborar estes amuletos tradicionais de San Andrés de Teixido feitos con miga de pan. El foi o encargado de crear esta peza exclusiva que queremos compartir con todos vós nunha das datas máis máxicas do ano: o San Xoán.

Como podo conseguir un destes sanandresiños 

Estamos SORTEANDO 8 ATADOS DE SANANDRESIÑOS EXCLUSIVOS para o San Xoán nas nosas redes sociais.  

Así que, se queres conseguir un destes 8 sanandresiños só tes que seguir os pasos que atoparás no noso Instagram.   

Participar é moi sinxelo! 

Ata cando podo participar?  

O sorteo levarase a cabo dende o xoves 15 de xuño de 2023 ata o venres 23 de xuño de 2023 ás 10.00h.  

Non perdas a oportunidade de ter un extra de protección durante todo o ano grazas aos sanandresiños de Feiraco! ? 

sanandresiños-san-xoan

O XI Certame de Relatos breves xa está en marcha!

 

Como cada ano, dende Feiraco co motivo das Letras Galegas animamos a todos os alumnos e alumnas de Galicia a escribir en galego participando no XI Certame de Relatos Breves que organizamos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Presentación oficial do certame

O pasado mércores 10 de maio presentamos o certame por todo o alto no emblemático centro compostelán IES Rosalía de Castro.

 

esther-certame-de-relatos-feiraco

Tivemos o privilexio de contar con Esther Estévez como madriña e condutora do acto. Esther compartiu con nós algunha que outra anécdota da súa historia co galego ademais de deixarnos algún aprendizaxe lingüístico.  Sabedes o que significa ‘muxir’? Os alumnos de 1º e 2º da ESO do Rosalía de Castro tivérono bastante claro ?

 

Xabier-Mourino-Letras-Galegas-Feiraco

Xabier Mouriño, director do IES Rosalía de Castro tamén aproveitou a ocasión para contarnos como dende o centro animan a todos os alumnos e alumnas a empregar o galego. Ademais, anunciou a estrea da obra de teatro protagonizada polos alumnos do instituto que se estreaba xustamente ese mesmo día.

 

Valentin-presentacion-certame-de-relatos

Tamén tivemos a sorte de contar coa presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Este recordoulle a todos os rapaces o importante que é o seu papel para que o futuro sexa en galego. Animounos a seguir empregando a nosa lingua e por suposto, a participar no certame.

 

Jessica-certame-de-relatos-feiraco

Jessica Rey, a nosa directora de marketing e comunicación tamén interveu no evento, contándonos o xa histórico compromiso de Feiraco co galego. Tamén nos explicou un pouco máis sobre a iniciativa FALAREI! e a súa conexión co autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, Franciso Fernández del Riego.

Como podes participar no certame?

Poden participar no certame todos os alumnos de 5º e 6º de Primaria e os alumnos de 1º e 2º da ESO de todos os centros de Galicia.

Os alumnos deberán redactar un relato breve en galego que aconteza na Galicia do futuro.

Entre todos os microrrelatos, cada centro deberá seleccionar dous, un por nivel, e subir os elixidos á web falarei.gal antes do día 9 de xuño.

Temos moitos premios en xogo!

Participar no XI Certame de Relatos ten premio seguro. Pois os 1.000 primeiros alumnos e alumnas en participar recibirán un estoxo de Feiraco.

Os finalistas elixidos por cada centro recibirán ademais un caderno de Feiraco.

E para os gañadores ou gañadoras e toda a súa clase Unha excursión a unha das nosas granxas!

 

As bases completas para participar poden consultarse no Portal da Lingua Galega o na nosa web falarei.gal.

 

Entroidos tan galegos coma nós! Como participar ?

Que debo facer para participar no sorteo?

 

Participar no sorteo de Entroidos tan galegos coma nós é moi sinxelo! Só tes que seguir uns pequenos pasos e terás un vasiño coa ilustración feita por artistas emerxentes galegas.

Continue reading “Entroidos tan galegos coma nós! Como participar ?”

Entroidos tan galegos coma nós!

FEIRACO este ano homenaxea os entroidos do Ulla e de Cobres a través de ilustradoras galegas

 

As caixas de leite de FEIRACO convértense en lenzos que ilustran dous dos moitos entroidos galegos que existen na nosa terra, con motivo do Entroido.

As obras das caixas de leite están feitas por ilustradoras emerxentes galegas. Todos eles son artistas galegos que comparten con nós a súa visión sobre o Entroido de Cobres e do Ulla. Continue reading “Entroidos tan galegos coma nós!”