Feiraco, calidade de principio a fin

 

Dende a granxa ata a túa mesa con todas as garantías de calidade. En Feiraco temos o noso propio xeito de facer as cousas no sector lácteo, caracterizado pola transparencia e a constante innovación para seguir mellorando os nosos procesos de produción. É o que a nós gústanos denominar o Método Feiraco.

O noso esforzo pola calidade e a innovación está avalado por unha serie de etiquetas e certificacións, como Galega 100%, Galicia Calidade ou IFS Food. Para vós, como consumidores, estes selos son a garantía de que o leite Feiraco, producido integramente en granxas galegas, conta coa máxima calidade dende a orixe.

 

A alimentación e o coidado das vacas, a nosa prioridade

 

O noso traballo comeza mesmo dende antes de que as vacas dean o leite. Uns animais ben alimentados van producir un leite máis saudable. Os nosos granxeiros reciben asesoramento técnico permanente, dende a fertilización ata a produción de forraxe ou a alimentación das vacas. Ademais, fabricamos os nosos propios pensos e suplementos alimenticios, deseñados á medida das vacas para que poidan producir o mellor leite. Todo isto, unido aos mellores pastos de Galicia, garante a excelente calidade da materia prima.

 

Despois da súa alimentación, o benestar e coidado das nosas vacas é outra das nosas principais preocupacións, xa que diso tamén depende a calidade do leite Feiraco. Unha curiosidade? Canto máis tempo está tombada unha vaca e maior é o fluxo de sangue no seu ubre, maior vai ser a produción de leite. As granxas Feiraco dispoñen dunhas camas especiais que facilitan o seu descanso e comodidade con todas as garantías sanitarias.

 

Controlamos todo o proceso

 

Hixiene alimentaria, trazabilidade e controis sanitarios permanentes ao longo de todo o proceso forman parte do camiño que percorre o leite dende a orixe ata o seu envasado final.

As nosas granxas, todas elas situadas en Galicia, alcanzan de xeito continuado uns parámetros superiores aos esixidos polas normas comunitarias, tanto en materia de saneamento e seguridade alimentaria coma no cumprimento dos máis altos estándares de calidade do leite.

 

Ademais, en Feiraco sempre estamos a traballar para mellorar os seus os nosos procesos de traballo, innovando na creación de produtos lácteos diferenciais no mercado ou probando novas texturas e combinacións de ingredientes co obxectivo de lograr satisfacer os gustos dos consumidores e coidar a súa saúde.

 

E todo, sen esquecer o noso compromiso con Galicia, coa nosa xente e co noso ámbito, que é onde ao final reverte toda a nosa actividade económica.

 

Este é o noso método, a nosa receita, a que levamos coidando e mellorando durante de 50 anos.

Receita de solombo de tenreira con nata Feiraco

Non hai nada más apetitoso para estas datas que un xugoso solombo de tenreira en salsa de nata. O tempo de preparación e cocción non é moi largo polo que é ideal para menús festivos xa que che facilitará o teu labor na cociña. Continue reading “Receita de solombo de tenreira con nata Feiraco”