3 receitas de castañas e leite Feiraco

Tardamos máis en pelalas que en comelas… Iso sí, non nos poden gustar máis! Sabiades que as castañas fan unha parella perfecta cos lácteos? Hoxe deixámosvos tres ideas para comprobalo por vós mesmos

 

1. Crema de castañas e leite desnatado Feiraco

Castañas, auga, leite Feiraco e un chisquiño de sal ó gusto. Non precisades nada máis!

Só tes que cocer as castañas previamente peladas en auga fervendo e posteriormente trituralas con leite ata obter unha crema. Se é máis líquida é perfecta como puré e se é máis espesa, pode ser o acompañamento perfecto para os pratos de carne.

2. Madalenas de castañas, chocolate e leite semidesnatado Feiraco

Unha delicia, prometido! Toma nota dos ingredientes:

  • 300 g de castañas cocidas e trituradas
  • 250 g fariña
  • 100 ml leite Feiraco
  • 2 ovos
  • 90 g manteiga
  • 170 g azucre
  • 150 g chocolate de repostería
  • 1 sobre de fermento
  • Sal

Batemos os ovos co azucre e posteriormente engadimos a crema de castañas, a manteiga e o leite Feiraco ata ter unha masa homoxénea. É o momento de engadir a fariña, o sal e o fermento con movementos suaves e envolventes. Finalmente incorporamos o chocolate fundido.

Repartimos nos envases individuais das madalenas as porcións de masa e forneamos uns 30 minutos, aproximadamente.

3. Doce de castañas con Leite enteiro Feiraco

Precisarás os seguintes ingredientes:

  • 400 g de castañas
  • 400 ml de leite Feiraco
  • 180 g de azucre
  • un chisco de sal
  • vainilla

A idea é cocer as castañas no leite, xunto co resto de ingredientes, a lume lento ata que estean tenras. Logo tritura todo. Podes gardala nun tarro de cristal para ir consumindo pouco a pouco. Ideal para tostas doces!