Receita hummus con Nata Feiraco

Hoxe traémosvos unha receita xenial para untar: hummus cun extra de cremosidade grazás á nata Feiraco! Tomade nota!

Ingredientes:

  • 250 g de garavanzos cocidos
  • 4 cullereadas de sésamo.
  • 125 ml de Nata para Cociñar Feiraco
  • Zume de limón.
  • Un dente de allo.
  • Media culleradiña de comiño.
  • Pementón
  • Sal
  • Aceite

Preparación:

Por unha banda, bate os garavanzos con zume de limón, o allo, o comiño, aceite e sal.

Por outra banda, prepara a mestura de sésamo, nata Feiraco e sal.

Xuntamos ambas preparacións e listo!