Aprende con Feiraco: Lácteos e alimentación saudable

Dende Feiraco seguimos creando contido para entreter ás/aos máis pequenos/as da casa durante estas semanas complicadas para todos. Hai uns días publicamos no noso blog unha entrada con actividades descargables para eles/as.

Hoxe traemos novo material para aprender e divertirse ao mesmo tiempo: Lácteos e vida saudable. Que aportan á nosa saúde? Cantas racións debemos tomar ao día? Como debe ser un almorzo saudable?

Podedes descargarlo facendo clic na imaxe.

Agardamos que vos guste e vos resulte útil!

Plantilla Galiciómetro Feiraco

Se nos seguides por redes, xa sabedes que puxemos en marcha unha acción chamada Galiciómetro. É unha enquisa moi especial para que cubrades e compartades polas vosas stories de Facebook ou Instagram. Para poñer en valor Galicia e as ganas que temos de que esto remate para volver gozar de todas as cousas boas que ten a nosa terra!

Deixámosvos aquí a plantilla por se a queredes descargar e compartir. Axúdanos a facelo viral!