Lévanos ao cole! Sorteamos 60 estoxos Feiraco

Traemos un sorteo moi especial pensando nos máis pequenos/as da casa! Para celebrar a nova imaxe de Yogu+ e o lanzamento de Feiraco Semidesnatado Sen Lactosa 200 ml, sorteamos 60 estoxos escolares.

Participa co teu ticket de compra! 
Promoción válida do luns 11 ao xoves 28 de novembro de 2019. Continue reading “Lévanos ao cole! Sorteamos 60 estoxos Feiraco”

Receitas de Batch cooking con leite Feiraco

O batch cooking é a nova tendencia para aforrar tempo e comer saudable. Consiste en deixar preparados os ingredientes, ou mesmo os propios pratos, para telos listos para comer durante a semana. O gran esquecido en temas de organización sempre é o almorzo, pero aquí propoñémosche tres receitas fáciles con leite Feiraco para que non che tenten as galletas e o chocolate.

A nosa primeira proposta é con flocos de avea. É unha receita moi simple que se pode deixar preparada sen necesidade de engadir nada o día que a queiras comer. Mestúrase nun bol o leite, os flocos de avea mel, sal e canela, remóvese ben e déixase repousar. Reparte en 5 tarriños con tapa e encima engadimos uns arandos e noces. Pechamos os tarriños, metémolos na neveira e listo para gozar!

  • 250 g de flocos de avea
  • 1 litro de leite Feiraco
  • 5 culleradas de mel
  • 1 chisco de sal
  • 2 terrinas de arandos frescos
  • 15 noces
  • cucharadiña de canela en po

As sementes son ingredientes que lle dan un toque de sabor aos nosos almorzos. Por iso traémosche esta receita de Pudding de plátano e chía ao cacao. Mestúrase nun bol o leite e as sementes de chía, repártese en tarros con tapa e déixase repousar na neveira. O día que o vaias a comer, trituras a mestura con cacao, panela e o plátano e terémolo listo.

  • 150 ml de leite
  • 2 culleradas sopeiras de sementes de chía
  • 1 cullerada sopeira rasa de cacao en po
  • 2 culleiradas de panela
  • 1 plátano grande

Algunha vez probastes a quinoa para almorzar? Se che soa raro, despois de probar esta receita quererás facela sempre. Podes preparar un bol de quinoa cocida e deixalo na neveira e prepara o almorzo cando queiras comelo ou preparar toda a receita e gardala en tarros con tapa. Primeiro botas unha cunca de quinoa cocida nunha pota e engádeslle media cunca de leite xunto con 3 pingas de extracto de vainilla e quéntalo durante 5 minutos. Sérvelo nun recipiente e engádeslle arandos frescos ou deshidratados, unha cullerada de edulcorante e unha cullerada de améndoas tostadas. Facil e rico!

  • Quinoa
  • Leite Feiraco
  • Extracto de vainilla
  • Arandos
  • Améndoas

 

Cinco ideas de batidos con Leite Feiraco

A quen non lle entra a fame entre horas con esta calor? Hoxe propoñémosche 5 ideas de batidos para gozar con Feiraco este verán.
Continue reading “Cinco ideas de batidos con Leite Feiraco”

‘Mulleres de Seu’, o grupo de CLUN para o empoderamento feminino no rural, reúne a máis de 100 socias en Melide para analizar os retos de la dixitalización

  • O Encontro polo Día Internacional da Muller abordou, baixo o título A muller na era dixital, a transformación tecnolóxica no sector agrogandeiro
  • Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, analizou na súa intervención o papel da muller no século XXI
  • A mesa redonda A muller e as tendencias de futuro contou coa opinión experta de Luz Castro, Maite Cancelo e Marta Arias
  • Mulleres de Seu, grupo formado por máis de 150 socias de CLUN, traballa para promover o empoderamento e desenvolvemento das mulleres, dignificando o seu papel no rural

Continue reading “‘Mulleres de Seu’, o grupo de CLUN para o empoderamento feminino no rural, reúne a máis de 100 socias en Melide para analizar os retos de la dixitalización”

De ruta por Galicia!

Non cómpre ir moi lonxe nin tomar moitos avións para gozar do pracer de viaxar e da experiencia de descubrir a marabillosa riqueza patrimonial e natural que nos rodea. Seguro que moi preto de ti, aquí en Galicia, tes aínda mil e un recunchos por descubrir, verdade?

Continue reading “De ruta por Galicia!”