Mulleres de Seu leva o seu proxecto ao Congreso dos Deputados

  • Nunha visita que organizaron onte e na que foron recibidas pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor, e polas Comisións de Igualdade e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras

Continue reading “Mulleres de Seu leva o seu proxecto ao Congreso dos Deputados”

Exceleite, os premios ao leite máis excelente!

Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), polo que poden participar todas aquelas que estean dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi): concretamente máis de 5.000!

Pois ben, tres granxas de CLUN foron galardoadas na segunda edición destes premios e outras seis quedaron entre as 50 finalistas. Entre os 20 gañadores de 2018 atópanse as granxas da nosa cooperativa María Gómez Varela (Melide), Únicla Pereiriña S.C. (Val do Dubra) e Únicla Mónica Landeira y otros S.C. (Val do Dubra). Ademais, tamén temos que felicitar ás outras seis granxas CLUN que se situaron entre as 50 finalistas: A Lagoa de Segabel S.C., A Fraga S.C., Carreira de Abeleiras, Manuel Calvelo Capelo, Vinculado e Casa Xepe S.C.

NORABOA a todas elas xa que o seu excelente traballo é tamén toda unha garantía para os consumidores. Calidade de principio a fin!

As granxas ÚNICLA, exemplo de sostibilidade en Bruxelas

Orgullosos dos nosos gandeiros e gandeiras! Mónica Landeira, unha das socias da nosa cooperativa, participa en Bruxelas na EU Agricultural Outlook Conference, a conferencia anual sobre Perspectivas da Agricultura da UE que organiza a Comisión Europea e, polo tanto, un dos eventos máis importantes do sector.

Continue reading “As granxas ÚNICLA, exemplo de sostibilidade en Bruxelas”