Cociña con Feiraco dous pratos salgados

 

Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado ou verdura, con só un 18% de materia graxa e sen glute.

Se o que desexas é engadir un toque máis cremoso ás túas receitas, podes combinar ambos produtos co Queixo Feiraco D.O., grazas ao seu sabor suave e a súa textura tenra.

Empregar estes tres produtos para cociñar os teus pratos na casa con ingredientes frescos de tempada, será todo un acerto para o teu padal e a túa saúde. E agora que estamos en outono traemos dúas receitas destas datas para cociñar con Feiraco:  Revolto de cogomelos e castañas, e Quiche de lacón con grelos.

grafica-recetact31

Quiche de lacón con grelos

Ingredientes:

150 g de grelos cocidos 

150 g de lacón cocido 

Aceite de oliva virxe extra, sal e pementa

1 lámina de masa brisa 

1 cebola pequena 

4 ovos  

150 ml de leite ou nata para cociñar Feiraco 

150 g de queixo Arzúa-Ulloa Feiraco

Preparación:

• Forramos un molde coa masa brisa e cocemos no forno a 200ºC ata que estea dourada. Reservamos. 

• Picamos a cebola e sofritimos uns minutos. Engadimos o lacón cocido e os grelos escorridos. Salpimentamos. 

• Batimos os ovos e engadimos o leite e 100 g de queixo. 

• Vertemos na masa primeiro o sofrito, a continuación o batido de ovos e leite, e por enriba queixo relado.

• Levamos a tarta ao forno a 200ºC, ata que estea callada.

grafica-recetact30-01-01

Revolto de cogomelos e castañas

Ingredientes:

200 g Cogomelos de distintas variedades

200 g de castañas galegas

4 ovos

1 xorro de nata para cociñar Feiraco

1 ceboliña

Aceite de oliva, pementa e sal

4 rebanadas de pan galego 

250 g de queixo Feiraco Arzúa-Ulloa

Preparación:

• Escaldamos as castañas en auga fervendo. Escorremos e envolvemos nun pano limpo para pelar a pel. Troceamos e fritimos en aceite de oliva. Deixámolas escorrer sobre papel de cociña. 

• Gratinamos no forno as rebanadas de pan co queixo Feiraco Arzúa-Ulloa por riba.

• Pochamos a ceboliña picada. Cando estea transparente, engadimos os cogomelos limpos e troceados. Engadimos os ovos e nata batidos para o revolto. Salpimentar.

• Sobre o pan con queixo fundido, servimos o revolto e adornamos coas castañas.

Bó proveito!

FEIRACO E CLESA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Feiraco e Clesa implícanse na loita contra a violencia de xénero con motivo do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra hoxe, 25 de novembro. Por tal motivo, os traballadores das cooperativas de Ponche Maceira e Caldas de Reis vestirán camisetas negras durante toda a xornada co lema “Contra a violencia”, unha iniciativa impulsada en numerosos Concellos galegos: A Coruña, Allariz, Ames, Cangas, Carballo, Santiago, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba y Zas. #Galiciaennegro.

O lema “Contra a violencia” decora estas pezas coas que Feiraco e Clesa pretenden crear conciencia da secuela social que é a violencia contra as mulleres, a través desta iniciativa, que terá eco nas redes sociais das cooperativas lácteas, e que conta coa implicación de institucións, asociacións e establecementos, que se visten de loito en sinal de duelo por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Un ano máis, con esta acción simbólica, Feiraco e Clesa pretenden dar fe do seu compromiso coas persoas que sofren esta secuela e con todas as que se esforzan para poñerlle freo, impulsando iniciativas de sensibilización para a prevención.

 

Compromiso coas persoas

Esta campaña de sensibilización contra a violencia de xénero forma parte das medidas sociais baseadas no respecto e o compromiso impulsadas polas cooperativas, que abarcan aspectos tan importantes como o apoio profesional e familiar e a estabilidade e calidade no traballo, con medidas de apoio á conciliación.

Ademais, desde 2009 Feiraco conta cun Plan de Igualdade recoñecido polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade pola súa aplicación de medidas que garanten a paridade de oportunidades entre ambos os sexos.

 

Un día para a solidariedade e a reflexión desde 1999

O 25 de novembro foi declarado pola ONU en 1999 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando desde entón a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

Feiraco forma parte da nova cooperativa de segundo grao

As cooperativas Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto crean unha nova cooperativa de segundo grao, nun proxecto aberto a outras cooperativas agrogandeiras

  • As asembleas xerais do tres cooperativas, con multitudinaria presenza de socios, aprobaron a súa integración, que é efectiva desde hoxe
  • Feiraco, co 97,6% dos votos; Melisanto co 96,03%; Os Irmandiños co 97%; apoian con amplísima maioría o proxecto
  • A cooperativa Xallas non aproba o proxecto de integración
  • O novo grupo cooperativo ten vocación de ser referencia no sector agro-gandeiro, ao gañar tamaño e eficiencia a curto prazo, e así converterse nun grupo líder na economía agro gandeira galega
  • Nace con tres grandes obxectivos estratéxicos, que contribúen á sustentabilidade da produción láctea galega: integración dos servizos técnicos financeiros para alcanzar unha maior eficiencia dos custos de produción, optimizar as subministracións e agregar volume para mellorar a cadea de valor e contribuír á súa estruturación
  • Este paso importante vai na liña dos grandes movementos cooperativos europeos.

As Asembleas Xerais de tres cooperativas gandeiras galegas, Feiraco, Irmandiños, e Melisanto ratificaron hoxe con amplísima maioría – era imprescindible que fose superior a dous terzos – o acordo alcanzado polos seus respectivos consellos reitores, polo que inician un proceso de integración das súas actividades e negocios nunha cooperativa de segundo grao, cuxa denominación se fará pública nos próximos días, e que terá efectos desde o día de hoxe. A cooperativa Xallas non aprobou a súa integración.

As cooperativas que aprobaron acordo de integración dedícanse principalmente á fabricación de pensos, tenda agrícola e á prestación de servizos aos seus socios; e á recollida, envasado e distribución de leite, así como doutros derivados lácteos.

Cada unha das cooperativas partícipes procederá a achegar a totalidade dos seus negocios – activos e persoal- á nova cooperativa a cal, a partir da integración, pasará a realizar todas as actividades fronte a terceiros.

Enlaces de interese

Galicia impulsa un gran grupo lácteo para espantar la crisis de precios

Tres cooperativas inician su conversión en un grupo lácteo

La gran cooperativa gallega nace con 3.600 socios y el 15% del mercado lácteo

Entrevista: «Este es un proyecto imparable al que se podrían sumar pronto otras organizaciones»

Feiraco apela a la “implicación de todos” los socios del gran grupo lácteo gallego en la “nueva aventura”

Feiraco, Irmandiños y Melisanto ratifican integrarse en cooperativa 2º grado

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) será el nombre del grupo referente liderado por Feiraco
El grupo lácteo liderado por Feiraco se llamará CLUN
La gran cooperativa láctea gallega se llamará CLUN
ECG