Letras Galegas, parte do ADN de Feiraco

Que pasa se sacamos unha vaca do prado e a levamos a unha biblioteca? En Feiraco queremos sumarnos un ano máis á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura, que este ano homenaxea a figura do poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro. Continue reading “Letras Galegas, parte do ADN de Feiraco”

Receitas infantís: filloas con iogur

Quen dixo que as filloas eran só para o Entroido? En calquera época de ano, son unha excelente alternativa para preparar unha merenda divertida e diferente para os pequenos da casa. Ademais, divertiranse como nunca axudándovos a preparalas! Continue reading “Receitas infantís: filloas con iogur”

Pequenos grandes cociñeiros… con Feiraco!

Acordádesvos de Belén e Roi, os protagonistas dos contos #deondevénoleite? Pois agora están aprendendo a cociñar! Os dous nenos, sempre coa axuda supervisión dun adulto, vannos ir ensinando unha morea de receitas sinxelas e doadas de preparar especialmente pensadas para facer en familia.

Ben sexa como plan para un día de choiva ou ben como entretemento para unha tarde diferente, cociñar é unha actividade divertida da que gozaredes tanto pequenos coma maiores. Compartiremos convosco propostas para todos os gustos e épocas do ano, cun gran protagonismo dos produtos autóctonos e de tempada. Preparade os vosos mandís… que empeza a nosa aventura culinaria!

Cociñar e aprender en familia

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos a preparar actividades específicas para os máis pequenos da casa. Con esta iniciativa, o noso obxectivo é compartir convosco unha alternativa de ocio para desfrutar cos nenos dun anaco agradable, divertido e didáctico.

E é que cociñar en familia tamén é unha forma de transmitir valores fundamentais relacionados coa alimentación e os bos hábitos nutricionais. A través destas receitas, estaredes a espertar nos máis pequenos interese polos lácteos e pola forma de preparar os alimentos, algo moi importante á hora de que aprendan a comer ben e de forma saudable.

Receitas paso a paso

Todas as receitas que Belén e Roi nos teñen preparadas veñen detalladas paso a paso, con indicacións de que partes son máis recomendables para que fagan os nenos e cales deben realizar os adultos para maior seguridade.

Xa vos adiantamos que mesturar ingredientes, dar forma coas mans a determinadas preparacións ou decorar de forma creativa o prato final serán algunhas das súas tarefas preferidas.

Ademais, nalgúns casos tamén vos propoñeremos diversas actividades didácticas para realizar unha vez finalizada a receita, relacionadas cos alimentos, cos utensilios de cociña ou co momento do ano propio dalgúns pratos. Van converterse en verdadeiros mini chefs de cociña!

Permanecede atentos porque pronto iremos compartindo unha morea de propostas para chupar os dedos. Agardamos que vos animedes a preparalas! E non dubidedes en compartir connosco en facebook o resultado final! 🙂

Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Como nos gusta isto de disfrazarnos! Por terceiro ano consecutivo, distribuímos unha edición especial dos nosos envases de leite Feiraco con motivo da celebración do Entroido.

Pirata, superheroe e shériff… Quen non se disfrazou algunha vez dalgún destes tres personaxes míticos? Pois as nosas vacas aínda non o fixeran! Continue reading “Vive a aventura do Entroido con Feiraco!”

Como se alimenta un xeito de ser?

Preguntástesvos algunha vez que hai detrás dun slogan publicitario? ‘Alimentando un xeito de ser’ é algo máis que unha frase bonita e atraente que soa ben nos medios de comunicación. Dende logo, ese non era o noso obxectivo principal cando nos puxemos mans á obra a traballar na nosa última campaña de publicidade. Continue reading “Como se alimenta un xeito de ser?”