Mes: Decembro 2014
Feiraco renova a súa imaxe corporativa
- A cooperativa láctea galega presenta a súa nova identidade visual corporativa, cun diseño actual, no que se dinamizaron cada un dos elementos orixinais que a compoñen, realzando a súa presenza.
- A nova imaxe de FEIRACO é o reflexo actual da cooperativa láctea líder, que á súa vez contén a esencia da súa razón de ser: galeguidade, naturalidade e cooperativismo.
- A renovación da imaxe da marca máis consolidada do sector trasladarase a cada un dos soportes utilizados pola cooperativa, con especial presenza na súa liña de productos lácteos, a través do seu recoñecido envase.
Ponte Maceira, 19 de decembro de 2014. Feiraco Sociedade Cooperativa Galega renova a súa imaxe de marca mediante un novo deseño máis actual, no que se dinamizaron cada un dos seus elementos orixinais. A evolución da súa arquitectura gráfica é o reflexo do momento actual da cooperativa e dos seus valores principais de galeguidade, naturalidade e cooperativismo, conceptos presentes dende a súa orixe.
Unha das características máis destacadas na nova imaxe, é o protagonismo que se lle outorgou á cor verde corporativa, símbolo da cooperativa, que axuda a potenciar a presenza do texto que compón a palabra Feiraco e a súa diferenciada tipografía en triple barra. De igual maneira, a cor verde xoga un papel fundamental nesta nova imaxe, axudando a reforzar os piares sobre os que se sustenta a cooperativa, que representan un modelo activo co seu entorno e o sector ao que pertence, mendiante unha firme aposta pola innovación e o seu desenvolvemento sostible. En conexión con estas fortalezas, o eslogan ‘Alimentando un Xeito de Ser’ continúa presente como impulsor da mensaxe principal da cooperativa e a súa construción dunha identidade propia.
Por outra parte, cabe destacar o restyling que se aplicou sobre o símbolo do perfil de vaca, elemento que compañou á imaxe de Feiraco dende as súas orixes e que evolucionou cara unhas liñas máis suaves e redondeadas. Estos cambios aportan un maior dinamismo ao icono de Feiraco, que o fan máis próximo, en correspondencia á vontade da cooperativa de escoitar e interactuar co seu entorno.
Novo envase
A renovación da identidade visual de Feiraco trasládase a todos os seus soportes gráficos, con especial presenza na súa liña de produtos lácteos, a través do seu recoñecido envase de leite. O novo cartón de leite preséntase cun deseño estruturado, no que se lle outorga principal protagonismo ao símbolo da marca, o perfil da vaca que a identifica, recordando o seu histórico tetra brik dos anos setenta.
Feiraco e o Goberno, xuntos pola participación da muller en postos de dirección
Ponte Maceira, diciembre de 2014.- Consciente da importancia de contar cunha participación equilibrada de mulleres e homes en postos de dirección, Feiraco Sociedade Cooperativa Galega firmou, o pasado mes de novembro, un acordo de colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSI) para adoptar medidas que favorezan a presencia e a participación equilibrada de mulleres e homes no Comité de dirección.
Coa firma de dito convenio, de catro anos de duración, Feiraco comprometeuse a adoptar unha serie de medidas a favor da conciliación, co obxetivo de acadar unha igualdade efectiva entre homes e mulleres nos postos de alta responsabilidade.
En primeiro lugar, contará, sempre que sexa posible, cunha presenza equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e asegurará a participación equilibrada en procesos de promoción do persoal, sempre que a valoración profesional dos candidatos sexa similar. Tomará en consideración este principio de presencia equilibrada cando se produza unha vacante. Ademáis deberá deseñar plans orientados a promover o equilibrio na promoción profesional, fomentando a capacitación das mulleres, e establecerá medidas de organización e flexibilización do tempo de traballo para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, prestando especial atención a evitar que a maternidade sexa un impedimento para a promoción profesional.
Feiraco tamén se comprometeu co Ministerio de Igualdade a presentar, en dous anos, un informe analítico no que se plasmen logros e desequilibrios para establecer novas medidas que permitan acelerar o cumprimento do obxetivo fixado: establecer un equilibrio entre homes e mulleres nos postos directivos.
Talento repartido entre homes e mulleres
Pola súa parte, Igualdade comprometeuse a asesorar a Feiraco en materia de igualdade de oportunidades. E é que acadar unha maior presenza de mulleres en postos de dirección é unhas das tarefas máis importantes nas que se embarcou o departamento que dirixía Ana Mato, pois “para crecer, para ser mellores, hai que buscar, atraer, reter e premiar o talento, que está igualmente repartido entre homes e mulleres”, asegurou a ministra por entón, no acto de adhesión. “Máis mulleres en postos de responsabilidade significa mellores empresas, e en definitiva maiores oportunidades para todos”, apostillou.
Igualdade na Empresa
Feiraco aspira a renovar o distintivo “Igualdade na Empresa”, obtido en 2011 sendo a primeira empresa láctea de España en facerse con dito recoñecemento. Para valoralo, Igualdade terá en conta a firma deste convenio de colaboración.