Feiraco renova a súa imaxe corporativa

  • A cooperativa láctea galega presenta a súa nova identidade visual corporativa, cun diseño actual, no que se dinamizaron cada un dos elementos orixinais que a compoñen, realzando a súa presenza.
  • A nova imaxe de FEIRACO é o reflexo actual da cooperativa láctea líder, que á súa vez contén a esencia da súa razón de ser: galeguidade, naturalidade e cooperativismo.
  • A renovación da imaxe da marca máis consolidada do sector trasladarase a cada un dos soportes utilizados pola cooperativa, con especial presenza na súa liña de productos lácteos, a través do seu recoñecido envase.

Ponte Maceira, 19 de decembro de 2014. Feiraco Sociedade Cooperativa Galega renova a súa imaxe de marca mediante un novo deseño máis actual, no que se dinamizaron cada un dos seus elementos orixinais. A evolución da súa arquitectura gráfica é o reflexo do momento actual da cooperativa e dos seus valores principais de galeguidade, naturalidade e cooperativismo, conceptos presentes dende a súa orixe.

Unha das características máis destacadas na nova imaxe, é o protagonismo que se lle outorgou á cor verde corporativa, símbolo da cooperativa, que axuda a potenciar a presenza do texto que compón a palabra Feiraco e a súa diferenciada tipografía en triple barra. De igual maneira, a cor verde xoga un papel fundamental nesta nova imaxe, axudando a reforzar os piares sobre os que se sustenta a cooperativa, que representan un modelo activo co seu entorno e o sector ao que pertence, mendiante unha firme aposta pola innovación e o seu desenvolvemento sostible. En conexión con estas fortalezas, o eslogan ‘Alimentando un Xeito de Ser’ continúa presente como impulsor da mensaxe principal da cooperativa e a súa construción dunha identidade propia.

Por outra parte, cabe destacar o restyling que se aplicou sobre o símbolo do perfil de vaca, elemento que compañou á imaxe de Feiraco dende as súas orixes e que evolucionou cara unhas liñas máis suaves e redondeadas. Estos cambios aportan un maior dinamismo ao icono de Feiraco, que o fan máis próximo, en correspondencia á vontade da cooperativa de escoitar e interactuar co seu entorno.

Nuevos-envases-leche-Feiraco

Novo envase

A renovación da identidade visual de Feiraco trasládase a todos os seus soportes gráficos, con especial presenza na súa liña de produtos lácteos, a través do seu recoñecido envase de leite. O novo cartón de leite preséntase cun deseño estruturado, no que se lle outorga principal protagonismo ao símbolo da marca, o perfil da vaca que a identifica, recordando o seu histórico tetra brik dos anos setenta.

Feiraco e o Goberno, xuntos pola participación da muller en postos de dirección

Ponte Maceira, diciembre de 2014.- Consciente da importancia de contar cunha participación equilibrada de mulleres e homes en postos de dirección, Feiraco Sociedade Cooperativa Galega firmou, o pasado mes de novembro, un acordo de colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSI) para adoptar medidas que favorezan a presencia e a participación equilibrada de mulleres e homes no Comité de dirección.

Coa firma de dito convenio, de catro anos de duración, Feiraco comprometeuse a adoptar unha serie de medidas a favor da conciliación, co obxetivo de acadar unha igualdade efectiva entre homes e mulleres nos postos de alta responsabilidade.

En primeiro lugar, contará, sempre que sexa posible, cunha presenza equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e asegurará a participación equilibrada en procesos de promoción do persoal, sempre que a valoración profesional dos candidatos sexa similar. Tomará en consideración este principio de presencia equilibrada cando se produza unha vacante. Ademáis deberá deseñar plans orientados a promover o equilibrio na promoción profesional, fomentando a capacitación das mulleres, e establecerá medidas de organización e flexibilización do tempo de traballo para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, prestando especial atención a evitar que a maternidade sexa un impedimento para a promoción profesional.

Feiraco tamén se comprometeu co Ministerio de Igualdade a presentar, en dous anos, un informe analítico no que se plasmen logros e desequilibrios para establecer novas medidas que permitan acelerar o cumprimento do obxetivo fixado: establecer un equilibrio entre homes e mulleres nos postos directivos.

Talento repartido entre homes e mulleres

Pola súa parte, Igualdade comprometeuse a asesorar a Feiraco en materia de igualdade de oportunidades. E é que acadar unha maior presenza de mulleres en postos de dirección é unhas das tarefas máis importantes nas que se embarcou o departamento que dirixía Ana Mato, pois “para crecer, para ser mellores, hai que buscar, atraer, reter e premiar o talento, que está igualmente repartido entre homes e mulleres”, asegurou a ministra por entón, no acto de adhesión. “Máis mulleres en postos de responsabilidade significa mellores empresas, e en definitiva maiores oportunidades para todos”, apostillou.

Igualdade na Empresa

Feiraco aspira a renovar o distintivo “Igualdade na Empresa”, obtido en 2011 sendo a primeira empresa láctea de España en facerse con dito recoñecemento. Para valoralo, Igualdade terá en conta a firma deste convenio de colaboración.

O leite Feiraco elixida polos clientes de Carrefour como a mellor de Galicia

  • A división de lácteos da cooperativa recibe o Premio Carrefour á “Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia”, outorgado polos clientes da firma de distribución que visitaron a campaña ‘Da Terra e do Mar a Maior Calidade’, con presencia de 65 empresas galegas e 120 produtos locais.
  • O director xeral de Feiraco, José Luis Antuña, recolleu o premio de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
  • O “Premio á Empresa máis Innovadora” recae na compañía cárnica Torre de Núñez.

 

Ponte Maceira, 19 de Noviembre de 2014.- Feiraco Sociedade Cooperativa Galega recibiu este mediodía o Premio Carrefour á Mellor Peme Agroalimentaria de Galicia. O grupo cooperativo faise con este recoñecemento grazas á votación dos clientes de Carrefour que visitaron a campaña ‘Dá Terra e do Mar a Maior Calidade’, desenvolta desde o 11 ao 28 de xullo, nos hipermercados galegos da cadea de distribución. A mostra contou coa presenza de 65 empresas galegas e 120 produtos locais.

A aposta pola calidade de Feiraco como valor estratéxico e inherente ao seu modelo de negocio converte á cooperativa en marca galega líder do sector. A segunda gran aposta de Feiraco dirixiuse sempre a preservar a seguridade alimentaria, primeiro nas súas fábricas a través das certificacións ISO, e máis recentemente en once das súas granxas, que alcanzaron a máxima distinción europea nesta materia. O terceiro eixo de Feiraco ocúpao a innovación, I+D implementado en todas e cada unha das fases da cadea de valor. En definitiva, produtos de calidade, seguros, innovadores, saudables e ao mellor prezo que ofrece Feiraco e nos que os clientes de Carrefour depositaron a súa confianza e premiaron a súa alta valía e diferenciación no mercado.

O director xeral de Feiraco e conselleiro delegado de Feiraco Lácteos, José Luís Antuña, encargado de recoller o premio, agradeceu na súa intervención o esforzo e dedicación de todos os que forman parte da cooperativa, traballadores, provedores e outros colaboradores; de maneira especial a cadeas de distribución como Carrefour e os seus clientes. “Son xa moitos os anos durante nos que Carrefour respalda a produción e a industria agroalimentaria galega, como manifestación do seu compromiso con Galicia”, apuntou.

Innovación: orixe e destino da sustentabilidade empresarial e social

Antuña Álvarez fixo fincapé no proceso innovador que levou a Feiraco a revisar todo o referente ao manexo e alimentación das vacas. “O resultado é Unicla, un leite con perfís grasos saudables e unha composición equilibrada, de excelente sabor, a leite de toda a vida, un excelente alimento para calquera idade”.

E finalmente tamén se referiu ao factor prezo. “A produción láctea require familias no rural, explotacións, vacas, leiras para plantar millo e forraxe, significa vida e poboación no campo galego, unha das maiores reservas mundiais para a produción láctea; e ordeñar todos os días do ano. Nós temos que ser eficientes e controlar os custos de materia prima, os investimentos, a industria, mellorar os procesos de traballo, defender as marxes. Os consumidores deben entender que detrás dun litro de leite hai todo isto, e que o leite debe desaparecer como produto reclamo a prezos por baixo do seu custo industrial, vai niso moito máis que aforrarse uns céntimos, está en xogo o coidado da natureza, o medio ambiente, a pluralidade de aldeas e pobos de Galicia, a substitución xeracional, etc.

Sempre foron os mellores socios da nosa cooperativa, os nosos produtos tiveron acollida nas súas tendas e procuramos responder coa máxima calidade e transparencia comercial, unha relación frutífera que se ve reforzada con esta distinción”, concluíu José Luís Antuña.

Carrefour en Galicia

O modelo comercial de Carrefour integra aos produtos locais e rexionais na súa variedade habitual, para garantir así a liberdade de elección dos seus clientes. A compañía mantivo o pasado exercicio relación comercial con 543 empresas galegas; ofrecendo deste xeito, xunto ás marcas de fabricantes nacionais, os produtos das empresas da rexión, ademais dunha ampla selección de marcas propias.

Carrefour recoñece, con estes premios, o labor das pemes locais que destacan pola súa calidade e imaxe nos seus mercados. Así mesmo, estas campañas responden o compromiso da empresa de distribución de integrarse nas contornas socio-económicos das localidades onde se sitúa e apoiar ás economías rexionais.

Master Class de Feiraco e Banco Santander para dar a coñecer vantaxes financieiras a PEMES agroalimentarias galegas

  • Socios da cooperativa e produtores lácteos clientes da entidade bancaria participaron nesta xornada informativa na que tamén se abordou a situación actual e expectativas de futuro do sector lácteo.
  • Esta acción enmárcase no convenio de colaboración entre Feiraco e Banco Santander que contempla beneficios financeiros e solucións non financeiras a socios e traballadores da cooperativa.

 

Ponte Maceira, 12 de Noviembre de 2014.- Socios de Feiraco Sociedade Cooperativa Galega e produtores lácteos clientes do Banco Santander do mundo agrogandeiro de Galicia participaron onte na masterclass para coñecer de primeira man as vantaxes financeiras que a entidade bancaria pon a disposición das pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario galego a través do seu Programa Advance.

Durante a xornada, o director xeral de Feiraco, José Luís Antuña, centrou a súa intervención na situación actual da cooperativa e o futuro do sector lácteo. Seguidamente, a responsable nacional do sector agroalimentario de Banco Santander, Nuria Moreno, foi a encargada de explicar os produtos financeiros, solucións non financeiras e as condicións específicas vantaxosas que o Banco pon a disposición do sector agrogandeiro.

Programa Advance

Esta acción forma parte da serie de presentacións que Banco Santander está a facer do seu Programa Advance, pensado para ofrecer flexibilidade para que as expectativas de negocio se fagan realidade, e enmárcase na colaboración formalizada con Feiraco para ofrecer ao colectivo de asociados da cooperativa un conxunto de produtos e servizos bancarios de interese, adecuados ás súas necesidades financeiras.

Entre as condicións establecidas para Feiraco atópase a Conta Investimento Agro, pensada para remunerar os excedentes de tesouraría, obtendo a máxima dispoñibilidade e rendibilidade. Outro servizo é o financiamento de cooperativas a través de Crédito Campaña para facer fronte ás necesidades da Campaña Agraria e de préstamos para investimentos en activos que supoñan melloras en explotación ou adquisición de maquinaria ou para melloras ou transformacións que requiran maiores prazos de amortización. Ademais de fórmulas de financiamento ou anticipo de importacións e cofirming para facilitar pagos a provedores e socios sen necesidade de recorrer a créditos de campaña.

Acordo de colaboración

A través deste acordo de colaboración, os socios e empregados de Feiraco gozarán, entre outras vantaxes, de aforros exclusivos do plan “Queremos ser o teu Banco” e financiamento para os cobros procedentes das axudas da Unión Europea; para facer fronte ás necesidades de liquidez durante as distintas fases da Campaña Agraria e para investimentos en activos que supoñan melloras da explotación e adecuación das mesmas.

Os socios disporán tamén de financiamento exclusivo para adquirir terras, transformar ou mellorar as súas leiras ou para o pago de primas por Agroseguros. Ademais poderán beneficiarse do financiamento de subministracións dado que o Banco Santander ten asinado diferentes acordos con provedores para dar o mellor servizo ao sector agrario.

Momentos inesquecibles na segunda edición de De onde vén o leite?

Vimos de rematar a segunda edición de #Deondevénoleite? e en Feiraco non podemos estar máis satisfeitos. Acompañáronnos nesta aventura máis de 1.500 nenos e nenas de colexios de toda Galicia, que nos visitaron para coñecer de preto o día a día dunha granxa e descubrir como é o proceso de produción do leite. Continue reading “Momentos inesquecibles na segunda edición de De onde vén o leite?”

Feiraco participa no primeiro encontro anual do Grupo de Representación Empresarial Galego de RSE

Feiraco forma parte, xunto con outras 13 empresas, do Grupo de Representación Empresarial Galego de Responsabilidade Social Empresarial, nacido co compromiso de materializar un concepto propio e diferente de RSE. O Grupo celebrou o pasado 30 de maio o seu primeiro encontro anual de 2014. A xornada de traballo estivo centrada na integración dos valores asociados á RSE na cadea de valor. Ademais, tamén se abordaron ideas sobre que contidos temáticos deben estar presentes no futuro Plan Estratéxico Galego de Responsabiliade Social.

Consulta máis información sobre este encontro.