MIRAMOS POLOS NOSOS GANDEIROS

Feiraco coida dos seus gandeiros e, a través da división de Recursos Agrogandeiros, pon á súa disposición todos os servizos e produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade, centrados sempre na creación de valor para o asociado.

SERVIZOS

Xestión económico-financeira. Inclúe xestión de custos de produción, estudos de viabilidade de investimentos, asesoría financeira personalizada e dispoñibilidade de convenios con entidades bancarias para financiamento das explotacións.

Xestión técnica. Na cooperativa Feiraco dispoñemos de servizos de medición e control dos datos do rabaño; seguimento e control do estado de saúde, condición e benestar do animal, e programación e seguimento de obxectivos pautados coa explotación.

Alimentación. Con Feiraco optimizarás a alimentación dos teus animais, dispoñerás dunha programación das necesidades de forraxe e da análise de forraxes e auga.

Reprodución. Poñemos á túa disposición o servizo de control reprodutivo e protocolos de inseminación e manexo.

Agronomía. Dispós de análise de solos, recomendacións de fertilización e encalado e asesoramento sobre cultivos para mellorar o rendemento e produtividade da túa explotación.

Calidade do leite. Ofrecémosche guía e orientación especializada para o manexo da muxidura, protocolos de prevención de mamite e control e posta a punto dos equipos orientados a mellorar a calidade do produto.

Aforro enerxético e enerxías renovables. Dende a cooperativa temos á vosa disposición un servizo de revisión de facturas, negociación conxunta da tarifa e auditorías enerxéticas con recomendacións para aforrar enerxía.

Asesoría en instalacións e subvencións. Os nosos técnicos han asesorarte sobre o deseño de instalacións, trámite de subvencións e xestión para a realización de proxectos na túa explotación.

Certificación de explotacións. Feiraco pon á túa disposición a xestión da documentación necesaria para obter o certificado e encargámonos das auditorías internas das explotacións.

Asesoría. Facemos a contabilidade da túa explotación máis doada coa asesoría fiscal, contable e laboral. Dispoñemos de plan de prevención de riscos laborais.

Seguros. Benefíciate dos descontos de primas de seguros grazas á negociación colectiva da cooperativa Feiraco para agroseguro, seguro de explotacións agrogandeiras, responsabilidade civil, seguro de maquinaria agrícola, etc.

Formación. O noso departamento de formación ao socio realiza numerosos cursos, xornadas e actividades formativas ao longo do ano, como, por exemplo, os cursos de aptitude empresarial agraria, curso de manipulador de produtos fitosanitarios e curso de benestar animal nas explotacións e no transporte, entre outros.

PRODUTOS AGRICULTURA E GANDARÍA

Dispoñemos dunha ampla variedade de produtos para garantir o benestar das nosas vacas e a eficiencia das gandarías:

• Fertilizantes
• Sementes
• Forraxes
• Fitosanitarios
• Correctores
• Leites maternizados
• Produtos de limpeza e muxidura
• Produtos de camas

Recursos agrogandeiros

TENDAS AGRARIAS

Nas tendas agrarias da Cooperativa en Ordes, A Picota e Santa Comba temos á túa disposición:

• Produtos de alimentación
• Bricolaxe
• Drogaría
• Produtos agrogandeiros
• Produtos para xardinaría

PENSOS

Ampla gama de pensos de alta calidade nutricional para:
• tenreiros
• vacas
• porcos
• galiñas
• pitos
• xovencas
• coellos
• ovellas