OS NOSOS SOCIOS

Feiraco contribúe a que o traballo no campo sexa unha opción de vida na súa comarca para moitos galegos e galegas. Na actualidade, 2.114 socios súmanse á actividade da cooperativa.

2.114 SOCIOS GANDEIROS FEIRACO

1.025 EMPREGOS DIRECTOS XERADOS NO CAMPO

APOIO INTEGRAL AO SOCIO

DIÁLOGO ABERTO

A cooperativa Feiraco practica un diálogo aberto cos socios para responder activamente a cada unha das súas demandas e necesidades.

ALTA PARTICIPACIÓN

2.146 socios solicitaron no 2014 algún dos servizos que Feiraco ten á súa disposición; un 10 % máis ca no 2013.

FORMACIÓN

Feiraco ofrécelles aos seus socios as condicións e os medios máis adecuados para un desenvolvemento profesional integral. Con ese fin, pon á súa disposición un extenso catálogo de cursos coas últimas innovacións do sector en materia de alimentación animal, xestión de explotacións e aptitude empresarial.

pie1

93 CURSOS DE FORMACIÓN

Ofertados no 2016

pie2

710 PERSOAS FORMADAS

en 2016

pie3

MEDIA DE 440 HORAS
DE FORMACIÓN AO ANO

ofertadas aos nosos socios

En 2016 organizamos numerosas actividades e cursos formativos para cooperativistas, empregados ao servizo de cooperativas e desempregados:

• Obradoiro para ou empoderamento dá muller como persoa socia dá cooperativa
• Xornada de formación de gandeiros de explotacións certificadas en ISO 22000
• Xornada Día muller rural
• V Xornada de análise de custos
• Campos de ensaio de maiz Fitó e maiz G
• Curso manipulador de fitosanitarios
• III Xornada de produción de forraxes
• Cursos de alfabetización dixital. Smartphone nivel básico e medio.

No 2015 organizamos numerosas actividades e cursos formativos para socios e non socios da cooperativa:

  • II Xornada Técnico-Económica Feiraco
  • III Xornada de Análise de Custos 2014
  • Xornada Atrévete contigo mesma
  • Formación a reitores
  • Campos de ensaio de conservantes, fito ciclos curtos, LG e fito ciclos longos
  • Visita ao Parlamento Europeo en Bruxelas
  • Visitas e reunións técnicas a outras explotacións de interese
  • Cursos de novas tecnoloxías

II XORNADA TÉCNICO-ECONÓMICA

Durante o presente exercicio 2015, a cooperativa organizou a segunda edición da súa Xornada Técnico-Económica para darlles a coñecer a gandeiros, socios e cooperativas a situación actual e o futuro do sector, así como as liñas de actuación que cómpre seguir neste novo escenario.

Consulta as presentacións dos relatores.

I XORNADA TÉCNICO-ECONÓMICA

A primeira edición da Xornada Técnico-Económica celebrouse no 2013 co obxectivo de profundar nos sistemas de produción sustentable e nas principais liñas de futuro do sector lácteo galego no contexto nacional e europeo.

Accede aos vídeos íntegros dos relatorios. Consulta as presentacións dos relatores.

PARTICIPACIÓN NA COMUNIDADE COOPERATIVA

Feiraco fomenta a creación dun espírito de compañeirismo entre os nosos socios a través da realización de eventos conxuntos.

MULLERES DE SEU

Mulleres de Seu é un grupo de traballo integrado por socias da Cooperativa Feiraco que ten como obxectivo promover o desenvolvemento das mulleres e dignificar o seu papel no ámbito rural, favorecendo a súa integración na Cooperativa e fomentando a súa participación nos órganos de goberno. Con ese obxecto impulsamos accións formativas específicas nas que as socias melloran as súas capacidades e habilidades para a xestión integral e eficiente das súas gandarías. O Obradoiro para o empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa é un exemplo disto.