QUEIXO FEIRACO, UN IMPRESCINDIBLE QUE NON PODE FALTAR NA TÚA MESA

En Feiraco gústannos os queixos galegos! Por iso temos para ti dúas das mellores denominacións de orixe de Galicia: Queixo de Tetilla e Queixo Arzúa-Ulloa. Descubre tamén o noso queixo de barra Edam, elaborado con leite de Galicia 100 %, perfecto para os teus sándwichs e bocadillos.

 

Queixo de Tetilla Feiraco
O Queixo de Tetilla é unha das denominacións de orixe máis apreciadas de Galicia. Coa súa característica forma cónica, trátase dun queixo graxo madurado, elaborado exclusivamente con leite pasteurizado de vaca Rubia Galega, Pardo Alpina e Frisoa.

O seu sabor é suave e a súa textura tenra e cremosa. É un dos queixos galegos que non pode faltar nas túas sobremesas e merendas, quer só ou acompañado con pan, noces, mel ou marmelo. É tamén un ingrediente perfecto para darlles un toque exquisito a todos os teus pratos, dende aperitivos doces e salgados ata todo tipo de salsas e recheos. O seu sabor aquécelle moi ben aos afumados e ás herbas aromáticas. Ademais, é un queixo moi fundente, perfecto para as túas preparacións gratinadas.

O Queixo de Tetilla Feiraco non contén glute, polo que o seu consumo é apto para celíacos.

Ingredientes:
Leite pasteurizada de vaca, fermentos lácticos, cuajo, sal e corrector de acidez (E-509)
Características do Queixo Tetilla Feiraco
– Maduración mínima: 7 días
– Forma: cónica
– Corteza: moi fina e elástica
– Pasta: branda, cremosa
– Sabor: amanteigado lácteo, lixeiramente ácido e pouco salgado
– Aroma lácteo
– Consellos de conservación do Queso Tetilla Feiraco:
Temperatura inferior a 10 ºC e humidade relativa 75%-95%
Vida útil: 4 meses

 

Queixo de Arzúa-Ulloa Feiraco
Baixo a Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa prodúcese un dos queixos galegos máis tradicionais e clásicos. Elaborado de forma artesanal con leite de vaca Rubia Galega, Frisoa ou Pardo-Alpina, caracterízase pola súa codia lisa e marela e a súa gran cremosidade.
O seu sabor é moi suave no padal. É moi fácil de combinar tanto para aperitivos como para salsas, recheos ou gratinados, porque non enmascara o sabor dos alimentos. É tamén a sobremesa perfecta, só ou acompañado de marmelo ou mel. Proba tamén a fundilo nun delicioso bocadillo acompañado de embutido ou mesmo a untalo nunha torrada con marmelada ou tomate.
O Queixo Arzúa-Ulloa Feiraco non contén glute, polo que o seu consumo é apto para celíacos.

Ingredientes: leite pasteurizada de vaca, fermentos lácticos, sal e corrector de acidez (E-509)
Características do Queixo Arzúa-Ulloa Feiraco
– Forma: cilíndrica, con bordos redondeados
Corteza: fina e elástica
– Pasta: branco marfil branco e amarelo pálido, cremoso
– Sabor: brando, levemente salgado e media baixa acidez
– Aroma lácteo
– Maduración mínimo 7 días
– Consellos de conservación do Queixo Arzúa-Ulloa Feiraco
Temperatura inferior a 10 ºC e humidade relativa 75%-95%
Vida útil: 4 meses

Queixo de barra Feiraco

O noso queixo de sándwich Feiraco é da variedade Edam, está elaborado con leite pasteurizada de vaca 100 % galega e non contén glute, polo que o seu consumo é apto para celíacos.

Se buscas queixo para fundir ou para facer rebandas, esta é a túa mellor opción. O seu sabor é único e é o ingrediente perfecto para preparar sándwichs, bocadillos, pizzas ou ensaladas.

Pódelo atopar en formato barra ou envasado en rebandas finamente cortadas.

Ingredientes: leite pasterizada de vaca, cuajo, cultivos lácticos e sal común
Características do Queixo de barra Feiraco
– Forma: prismática
– Sabor: suave e lixeiramente salgado
– Contenido en grasa (M.G./E.S): 45% mínimo
– Maduración mínima: 8 días
– Consejos de conservación do Queixo de barra Feiraco:
Temperatura inferior a 10 ºC
Vida útil: 1 año