NATAS FEIRACO, UN EXTRA DE SABOR PARA OS TEUS PRATOS

Buscas nata para montar ou nata para cociñar? En Feiraco contamos con dúas variedades diferentes que se adaptan a todas as túas necesidades na cociña. Descúbreas!

 

NATA PARA MONTAR
Á hora de elaborar os teus mellores doces e sobremesas, a nata para montar Feiraco é a túa aliada infalible. A nosa nata ten un 35 % de materia graxa, é fácil de montar e conta cun exquisito sabor que lles ha dar o toque definitivo ás túas receitas máis tentadoras.
Pódela atopar en formato brik de 1 litro e de 200 ml. Ademais, non contén glute, polo que o seu consumo é apto para celíacos.

Ingredientes: Nata de leite de vaca, proteínas lácteas e estabilizadores (E-407)

 

NATA PARA COCIÑAR
A nata para cociñar Feiraco, con só un 18 % de materia graxa, é o complemento ideal para a elaboración de salsas para pasta, carne, verduras ou peixes.

A nata especial cociña de Feiraco non contén glute e pódela atopar en formato brik de 1 litro e de 200 ml.

Ingredientes: nata de leite de vaca e estabilizadores (E-460 y E-466).

Marcas de calidade: galcalidade