O LEITE ÚNICLA, O LEITE DE MELLOR SABOR

Únicla é un leite 100 % natural, único, tanto polas súas calidades nutricionais como polo seu extraordinario sabor que se presenta agora nun novo envase máis innovador, cómodo e sustentable.

A alimentación natural e o coidado esmerado das nosas vacas, en contornas tranquilas e saudables, son o segredo para obter un leite coma o de antes, cun sabor único, recoñecido polo Superior Taste Award nas súas dúas últimas edicións.

Únicla é sinónimo de innovación, resultado dun proxecto de investigación merecente do Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa para mellorar de forma natural o perfil nutricional do leite e obter o de mellor sabor. O noso proceso inclúe unha alimentación natural, complementada con sementes de liño, que consegue beneficios dos pastos de primavera e outono durante todo o ano e que logra que as nosas vacas produzan, de forma totalmente natural, un leite de altísima calidade con menos contido de graxas saturadas, que, ademais, proporciona Omega 3, CLA e antioxidantes.

  • Alimentación Natural: O noso proceso inclúe unha alimentación natural, complementada con sementes de liño, conseguindo beneficios dos pastos de primavera e outono durante todo o ano, e facendo que as nosas vacas produzan, de forma totalmente natural, un leite de altísima calidade con menos contido de graxas saturadas e que, á súa vez, achega a presenza de Omega 3, CLA e antioxidantes.
  • Benestar Animal: Primeiras ganderías galegas certificadas por Aenor en Benestar Animal, conseguindo un impacto positivo na calidade do noso leite.
  • Sustentabilidade e Medio Ambiente: Primeira e única láctea certificada por Aenor Medio Ambiente en pegada de carbono de produto, reducindo nun 20% as emisións no ciclo de vida produtivo: Desde a granxa ata a súa distribución.

Únicla ofrécenos nas súas tres variedades —Enteiro, Semidesnatado e Desnatado— o seu sabor diferenciado. Ademais, conta coa especialidade “sen lactosa” coas súas dúas referencias, Semidesnatado e Desnatado, ampliando así a cinco o abano de referencia de Únicla.

Agora novo envase: Máis cómodo, innovador e sustentable.

Descubre máis sobre a gama de Leite Únicla.

Ingredientes:
Leite UHT enteiro Feiraco Únicla
Leite UHT semidesnatado Feiraco Únicla
Leite UHT desnatado Feiraco Únicla

Marcas de calidade: galcalidade

Selos: Superior Taste Award Superior Taste Award Superior Taste Award

O NOSO ENVASE