SEN LACTOSA

Con todos os beneficios dos lácteos, mantendo o sabor natural característico, presentámosche Leite Únicla semidesnatado e desnatado sen lactosa. O leite Únicla sen lactosa non é un preparado lácteo, senón un leite 100% natural especialmente desenvolvido para persoas con intolerancia á lactosa.

Únicla é un leite único tanto polas súas calidades nutricionais como polo seu extraordinario sabor. Con Únicla sen lactosa elixes un leite de sabor excepcional. Non renuncies ás propiedades e beneficios deste alimento natural e de sabor único. Se es intolerante á lactosa ou non o es, pero buscas un leite máis dixestivo, Únicla sen lactosa é a mellor elección para ti: porque é 100% natural, sen engadidos, e achega ao teu organismo antioxidantes e ácidos graxos cardiosaludables como o omega3.

O sabor único do leite Únicla semidesnatado sen lactosa foi recoñecido polo Superior Taste Award na edición 2016.

Coñeces os novos iogures bebibles sen lactosa de Feiraco? Cun 30% menos de azucre e sen lactosa, Iogu+ Feiraco está dispoñible en 3 sabores: natural, fresa e macedonia.

Ingredientes:

Leite de vaca UHT con 1,8% M.G. sen lactosa

Marcas de calidade: galcalidade

Selos: Superior Taste Award Superior Taste Award