LEITE FRESCO ÚNICLA SEN LACTOSA: O MESMO GRAN SABOR, AGORA FRESCO

Agora podes gozar do novo leite fresco Únicla, co mellor sabor e a frescura que lembran ao leite “de toda a vida”. Na súa variedade Semidesnatada Sen Lactosa é froito dun esmerado proceso de elaboración que mantén todas as propiedades nutricionais e beneficios do noso leite Premium, ademais de conservar todo o seu sabor de orixe.

A alimentación natural e o coidado das nosas vacas, en contornas tranquilas e saudables, en explotacións certificadas por Aenor en Benestar Animal, son o segredo para obter un leite como a de antes, cun sabor único e agora ademais con toda a súa frescura.

Únicla é sinónimo de innovación, resultado dun proxecto de investigación merecedor de o Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa, para mellorar o perfil nutricional do leite a partir da alimentación das vacas. Desta maneira, obtemos un leite de altísima calidade, co mellor sabor, perfil graxo e presenza de forma natural de Omega 3, CLA e Selenio.

Únicla Fresca preséntase nun exclusivo formato de 750 ml, elaborado con cartón procedente de fontes sustentables e certificado Carbon Neutral, reducindo a cero as emisións de CO2 no seu proceso de fabricación.

Ingredientes:
Leite pasteurizado semidesnatado sen lactosa Únicla

Marcas de calidade: galcalidade  

Sellos: Superior Taste Award