LEITE FEIRACO SEN LACTOSA

Se es intolerante á lactosa e estás a buscar un leite máis dixestivo, o leite FEIRACO sen lactosa é a mellor opción, «Galega 100 %» con todas as propiedades e a máis alta calidade dende a orixe.

O leite Feiraco sen lactosa, nas súas dúas variedades, Semi e Desnatado, é a alternativa perfecta para aquelas persoas que buscan un leite sen lactosa sen renunciaren a todo o sabor do leite coa calidade Feiraco.

Ademais, igual que o resto de leites Feiraco, a variedade Sen Lactosa non contén glute e conta cos avais de garantía de Galicia Calidade e o selo da Asociación Española de Intolerantes a la Lactosa (ADILAC).

Marcas de calidade: galcalidade

Selos: Superior Taste Award