IOGU+ SEN LACTOSA, A FORMA MÁIS DIVERTIDA DE TOMAR IOGUR

Listo para levar e listo para tomar. En Feiraco reinventamos o iogur líquido para adaptarnos ás necesidades dos pequerrechos da casa: cun 30% menos de azucre e sen lactosa.

Amorodo, macedonia ou natural? O iogur bebible Iogu+ Feiraco combina todos os beneficios dos iogures coas mellores propiedades da froita para che ofrecer unha alternativa saudable perfecta para as comidas e merendas fóra da casa.

O seu formato en brik con palliña e a súa conservación a temperatura ambiente fan do noso iogur líquido un alimento práctico e funcional. Na escola, no parque, na praia, para despois de facer deporte… Ten sempre un Yogu+ Feiraco a man!

Por suposto, o iogur bebible Iogu+ está elaborado con leite 100 % galego, non contén glute nin lactosa e conta con todas as garantías de calidade de Feiraco.

 

INGREDIENTES
Yogu+ Feiraco natural
Leite parcialmente desnatado, azucre (7%), estabilizantes (E-412, E-440) lactasa e fermentos lácticos.

Yogu+ Feiraco amorodo
Leite parcialmente desnatado, azucre, preparado de amorodo (auga, zume concentrado de amorodo 26,9%), aroma, almidón modificado, colorante (E-120) regulador de acidez (E-202, E-331 (iii)), conservante (E-202), estabilizantes (E-412, E-440), lactasa e fermentos lácticos.

Yogu+ Feiraco macedonia
Leite parcialmente desnatado, azucre, preparado de froitas (laranxa, pera, melocotón e plátano 34,76%), aroma, almidón modificado, colorante (E-160ª(i)), regulador de acidez (E-202, E-331 (iii)), conservante (E-202), estabilizantes (E-412, E-440), lactasa e fermentos lácticos.

 

Marcas de calidade: galcalidade