BENVIDO A FEIRACO

DESCUBRE A NOSA COOPERATIVA

Somos unha cooperativa de gandeiros galegos fundada en 1968 e todo un referente no sector lácteo de Galicia. Producimos, recollemos e comercializamos leite de vaca e produtos derivados procedentes unicamente das explotacións dos nosos socios, aos que lles garantimos todos os servizos para que desenvolvan a súa actividade.

Dende hai máis de 40 anos traballamos Alimentando un Xeito de Ser; moito máis que un slogan. É a nosa filosofía, sustentada no cooperativismo, a naturalidade, a galeguidade, a calidade e o respecto ao medio e ao noso contorno.

En Feiraco mantemos un firme compromiso coa calidade para ofrecerche os mellores produtos lácteos, saudables e elaborados de maneira responsable e sustentable. Ademais, apostamos por fomentar o desenvolvemento económico e social de Galicia, apoiando e dándolle valor á produción gandeira dos nosos socios.

Feiraco pertence a un grupo de gandeiros galegos, e o leite que se utiliza nos seus produtos procede exclusivamente das súas vacas.

Os nosos gandeiros son a peza clave da creación de Feiraco como cooperativa. Socios que souberon adaptarse ás mudanzas do paso do tempo e que fixeron posible a modernización do agro galego. Todos eles son a historia viva de Feiraco e co seu esforzo axudaron a construír a Galicia de hoxe.

Actualmente contamos con 2.114 socios e 490 gandarías que nos entregan leite; todas elas situadas en Galicia.

Feiraco, o leite que sabe a Galicia

Temos un compromiso con Galicia para axudar a vertebrar o seu tecido social e económico. Ese compromiso está implícito tanto nos nosos valores coma nos nosos métodos de traballo e cobra forma en actividades encamiñadas á sociedade.

COÑECES O MÉTODO FEIRACO?

En Feiraco procuramos a calidade de principio a fin, do campo á túa mesa, para traerche os mellores produtos lácteos. Para conseguilo, apostamos polo benestar animal, garantimos a seguridade alimentaria e defendemos a innovación permanente. Descubre máis sobre o MÉTODO FEIRACO.