AS NOSAS GANDARÍAS

TODAS AS GANDARÍAS FEIRACO
ESTÁN EN GALICIA

O leite Feiraco procede unicamente das granxas dos nosos socios gandeiros, situadas en 18 municipios concentrados na área de influencia das comarcas coruñesas de Santiago, Ordes e Arzúa.

A concentración e a proximidade xeográfica das nosas gandarías redundan na calidade e trazabilidade dos nosos produtos, así coma no coidado polo noso contorno.

Ademais, as nosas granxas apostan por modelos de xestión sustentable e políticas de innovación e seguridade alimentaria que garanten a calidade de todos os nosos produtos dende a orixe.