CALIDADE DE PRINCIPIO A FIN

En Feiraco esforzámonos cada día por ofrecer os mellores produtos lácteos, coa máxima garantía de calidade dende a orixe.

O noso modelo de organización en cooperativa permítenos controlar e optimizar todas as etapas do proceso produtivo. Contamos ademais cun sistema integrado de calidade e de inocuidade dos alimentos, baseado nas certificacións ISO 9001 e ISO 22000, que abrangue toda a cadea de fabricación, dende a produción gandeira do leite de vaca nas nosas explotacións ata o envasado e comercialización dos produtos finais.

MÉTODO FEIRACO

O mellor leite só pode proceder das mellores granxas. O leite Feiraco procede unicamente das granxas dos nosos socios, todas elas localizadas en Galicia. Eles son a peza clave na nosa cooperativa e asesorámolos e apoiamos de forma permanente a través dun equipo técnico especializado.

A garantía de calidade dos produtos Feiraco comeza mesmo antes da selección da mellor materia prima. A alimentación das nosas gandarías é tamén una das nosas principais preocupacións. Por iso, fabricamos os nosos propios pensos, deseñados á medida das necesidades de alimentación das nosas vacas para que poidan producir o mellor leite.