Leite Únicla consegue a primeira certificación de redución da Pegada de Carbono de Produto no mercado lácteo

A preocupación pola sustentabilidade e o medio ambiente é un dos principais motores da nosa cooperativa. O obxectivo? Minimizar o impacto da nosa actividade na contorna natural. Por iso nos enorgullece tanto converternos na primeira láctea en conseguir o Certificado AENOR en Pegada de Carbono de Produto. Queres saber que é e por que significa este fito? Segue lendo!

Somos cooperativa!

Dende a fundación de Feiraco, hai xa case 50 anos, traballamos a prol do compromiso co sector lácteo e co desenvolvemento de Galicia, e todo dende un pilar básico que marca o noso xeito de ser: o cooperativismo.

Sigue a nosa toalla viaxeira!

Cando dicimos que temos os mellores fans de todo o mundo mundial, non esaxeramos!

Como ben sabedes, este ano propuxémonos encher as praias de Galicia coas nosas #ToallasFeiraco e nada nos fai máis ilusión que recibir as vosas fotografías amosándonos o periplo da toalla viaxeira. Que gusto da ver o ben que están pacendo as nosas vaquiñas este ano nos areais galegos, piscinas e terrazas!

Feiraco premia as Letras Galegas

Feiraco celebrou o 4 de xullo o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas. Os gañadores da VI edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Vili Rei, Alba Sánchez e Ariadna Fernández, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo e…

Este verán presume de toalla Feiraco!

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.

Leite Feiraco, agora sen lactosa!

En Feiraco ampliamos a nosa gama de leites coas novas variedades Feiraco Sen Lactosa! Se es intolerante á lactosa ou buscas un leite máis dixestivo con todo o sabor e a calidade 100% galega, sen dúbida este é o teu leite.